50º ANIVERSARIO DO CLUB DEPORTIVO AS PONTES

398

O Club Deportivo As Pontes pode iniciar este domingo os actos conmemorativos do cincuentenario do seu ingreso na federación de fútbol co ascenso matemático á Terceira División despois de nove temporadas consecutivas na preferente autonómica.
1_cd_aspontes.jpg
A falta de catro xornadas para o final de liga o As Pontes e Mesón do Bento, primeiro e segundo clasificados empatados a 76 puntos, están con dez e once puntos sobre Dorneda e Betanzos, co que un triunfo seu ou o resultado que acaden terceiro e cuarto daralles matematicamente a ponteses e ordenses o ascenso á categoría nacional. Logo os dous terán que loitar no Poboado polo título de liga na penúltima xornada de liga.
2_cd_aspontes.jpg
O As Pontes como club federado naceu oficialmente co nome de Calvo Sotelo o 28 de setembro de 1960, despois pasou a ser Endesa en 1973 e en 1982 Endesa As Pontes para recuperar o seu nome inicial de As Pontes en 2002, aínda que o club xa levaba existindo dende 1933, polo que o fútbol pontés atópase entre os máis antigos do fútbol galego e incluso español, con máis de setenta e cinco anos de historia.
50-aniversario.jpg


Nestes cincuenta anos de competición oficial, militou nove temporadas na Segunda División B –nunha delas chegou a disputar a promoción de ascenso á Segunda A-, doce en Terceira División, 22 na Preferente Autonómica (antes Serie A Rexional e Rexional Preferente), tres na Primeira Rexional e catro en Segunda Rexional.
Ten no seu haber dous títulos de liga de Terceira División, dous de Rexional Preferente, varios subcampionatos de liga, a Copa de Galicia de 1968, o Trofeo Concepción Arenal de 1992, a Copa Deputación da Coruña de 1996 e numerosos trofeos (Vila de As Pontes, Cidade de Viveiro, Concello de Betanzos,…).
Dende hai uns meses o Club está a preparar unha serie de actos con motivo dos seus cincuenta anos de competición oficial. Unha comisión encárgase da programación dos diversos actos, entre os que están a celebración de diversos torneos dos equipos das categorías inferiores a celebrar os días 5 e 6 de xuño, con participación de clubs de Ferrol, A Coruña e outras localidades galegas. En setembro está previsto un torneo de veteranos. En data aínda sen determinar, haberá un partido conmemorativo do 50º aniversario, así como o xa tradicional trofeo “Vila das Pontes”, que se celebrará durante as festas patronais do mes de xullo.
Outro dos actos importantes será o xantar de confraternidade a celebrar o vindeiro 12 de xuño, no que se vai render homenaxe –coa entrega da insignia de ouro do Club- a tódolos presidentes que tivo o club pontés dende 1960, e no que participarán os integrantes dos planteis de tódolos equipos desta histórica entidade pontesa, directivos, socios, antigos xogadores e directivos, afeccionados e simpatizantes.
Tamén xa están a venda uns chaveiros conmemorativos, así como unhas botellas de viño co logotipo do cincuentenario. Aqueles afeccionados, simpatizantes e curiosos da historia xa poden ver estes días unha exposición fotográfica da historia do Club que está instalada no bar do campo do Poboado e que posteriormente trasladarase máis ampliada a unha sala de exposicións da vila.
Os actos conmemorativos rematarán coa publicación dun libro no que se reflicte a historia do Club As Pontes dende 1933 ata hoxe facendo especial fincapé na súa etapa oficial, con inclusión de fotografías, estatística e datos de especial importancia que algúns lembrarán con nostalxia e que para outros son totalmente descoñecidos.
Non cabe dúbida que este domingo pode ser o inicio dunha bonita etapa do Club Deportivo As Pontes. É de esperar que o campo do Poboado rexistre unha boa entrada de afeccionados para celebrar a festa do ascenso este domingo e quince días despois a do título de liga.

CD AS Pontes 50 aniversario

CD Xuvenil Puentes – anos 1940

CD AS Pontes 50 aniversario

CD Puentes – anos 1950

CD AS Pontes 50 aniversario

CF Calvo Sotelo – 1960

CD AS Pontes 50 aniversario

CF Calvo Sotelo – 1960-61

CD AS Pontes 50 aniversario

CF Calvo Sotelo – 1963-64 – Ascenso 3ª División

CD AS Pontes 50 aniversario

CF Calvo Sotelo – 1964

CD AS Pontes 50 aniversario

CF Calvo Sotelo – 1966

CD AS Pontes 50 aniversario

CF Calvo Sotelo – 1967-68

CD AS Pontes 50 aniversario

CF Calvo Sotelo – 1972-73 con última aliñación

CD AS Pontes 50 aniversario

CD Endesa – 1973

CD AS Pontes 50 aniversario

CD Endesa – 1975-76

CD AS Pontes 50 aniversario

CD Endesa – 1978-79

CD AS Pontes 50 aniversario

CD Endesa – 1981-82

CD AS Pontes 50 aniversario

CD Endesa As Pontes- 1982

CD AS Pontes 50 aniversario

CD Endesa As Pontes – 1986-87

CD AS Pontes 50 aniversario

CD Endesa As Pontes – 1989

CD AS Pontes 50 aniversario

CD Endesa As Pontes – 1991-92

CD AS Pontes 50 aniversario

CD Endesa As Pontes – 1994-95 Ascenso 2ª B Estadio Helmántico

CD AS Pontes 50 aniversario

CD As Pontes – 2002

CD AS Pontes 50 aniversario

CD As Pontes – 2002-03

CD AS Pontes 50 aniversario

CD As Pontes – 2005-06

CD AS Pontes 50 aniversario

CD As Pontes – 2009-10

Campo do Poboado

CD AS Pontes 50 aniversario
CD AS Pontes 50 aniversario
CD AS Pontes 50 aniversario

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios