Carta do BNG As Pontes: Responsábeis do paro

1

Respecto a carta publicada o día 4 na Voz de Galicia polo Alcalde de As Pontes “Datos do paro en Galicia: Unha animalada”, temos que dicir que practicamente so estamos de acordo co título, porque é incrible que o alcalde dunha vila industrial, que chegou a rexedor prometendo a creación de 1500 postos de traballo e en catro anos e medio o paro incrementouse neste Concello mais dun 50 %, nos veña agora a dar receitas de cómo amañalo. Poderanos falar de cómo se utilizou o Plan E para mellorar algunhas rúas ou parques ou como utilizar os medios de comunicación, máis falarnos de desemprego é de broma. Feijoo, para disimular a súa incapacidade de resolver o enorme incremento da tasa de paro en Galicia, atopou un culpable: Zapatero, e el fai o mesmo, el non ten nada que ver con que no seu mandato, nas Pontes, non se aumentara un so metro de terreo industrial e que cada día nos veña cunha nova proposta de onde se vai facer un novo polígono, el tampouco ten nada que ver en que o Miner investira moito menos nas Pontes que en Cerceda cando lle correspondía moito máis, igualmente que os polígonos existentes aínda non teñan servizos como o gas, que o potencial económico que ten o lago e a escombreira estee a perderse por non acometelo en serio, etc etc, Tampouco ten nada que ver, co seu partido, PSOE, teña a Astano inutilizado, que os sectores básicos galegos como o naval, a agricultura, a pesca, etc, atópense abandoados, e dende logo, se hai que mellorar leis para axilizar os trámites administrativos, porqué o seu partido non o fixo? Por certo facer casas novas no rural, non debería ser tan prioritario, pois parte das vellas que hai están en abandono. A dispersión excesiva de vivendas neste país, é unha das causas do seu atraso polo enorme gasto dos servizos que supón.


O Sr. Alcalde afirma, que un novo estatuto, a defensa da nosa lingua, ter máis competencias, non é prioritario para Galicia, coincidindo co discurso rancio do PP, mais Euskadi, que ten mellor estatuto, máis competencias e defende a morte o seu idioma, resulta que ten o índice de paro máis baixo do Estado.
E xa para rematar despréndese do que di que el é partidario de eliminar moitos organismos galegos como o Valedor do Pobo, as oficinas que favorecen a exportación e internacionalización das empresas galegas, etc, Dende logo estes organismos poderán traballar mellor ou peor, mais son infinitamente máis útiles que as Deputacións, o Senado, os Ministerios sen competencias, a Monarquía ou a maior parte dela, os gastos de defensa en Agfanistán, os aeroportos sen viaxeiros, ou un asesor dun Alcalde que ten 12 de 17 concelleiros/as, etc etc,.
Asemblea local do BNG das Pontes

También podría gustarte
Comentarios