FEIRA OF GRELO XULLO 2012

18

[La Voz de Galicia. Cartas al director. 15/07/2012] A estas alturas, todo o mundo sabe que os políticos non sementan. Bueno, non sementan grelos, quero dicir. E tamén sabemos que os ponteses e pontesas que sementan os grelos non falan galego. Falan o inglés e o castelán, pero nadiña de galego.
Ao parecer, e según a revista das Festas do Carmen das Pontes (noutro tempo, de García Rodríguez, pero agora xa non) pódese ler a gastronomía das Pontes en inglés e castelán, pero non en galego. Supoño que será por que hai que aforrar. Tanto despilfarro non pode acabar en nada bo.
Grazas que contamos con xente que se ocupa da cultura local, senón aínda habiamos de acabar todos falando, escribindo e lendo en galego. Tres linguas é demasiado. Xa chega co inglés e o castelán. Que son as propias da vila de toda a vida.


E como os galegos somos moi aforradores pois predicamos co exemplo porque o aforro ben entendido comeza pola tinta. E polas ideas, que o dixo Rajoy.
María José Vilasuso Carballeira. AS PONTES (A CORUÑA).

También podría gustarte
Comentarios