VARIOS MILES DE PONTESES E FORASTEIROS ASISTIRON ÁS CELEBRACIÓNS NA HONRA DA VIRXE DO CARME

211

Logo do primeiro día de festas co tradicional pregón a cargo do gaiteiro Freixo, o sábado e domingo foron os días centrais dos actos na honra da Virxe do Carme.
O bo tempo que está acompañar os festexos deste ano fixo que a procesión nocturna do sábado dende a capela do Carme ata a igrexa de Santa María fora unha das máis grandes celebrada nos últimos anos. Milleiros de fregueses vidos de tódolos lugares de Galicia acompañaron a procesión que ía encabezada pola Escola Municipal de Gaitas, a imaxe da Magadalena, o estandarte da confraría, a imaxe da Virxe do Carme, escoltada por unha Escuadra de Gastadores e Batidores do Tercio Norte de Infantería de Marina -que dende hai varios anos ven voluntariamente a esta procesión-, o equipo sacerdotal da vila, o alcalde e concelleiros da corporación municipal pontesa, a Banda Municipal de Música e os milleiros de devotos que quixeron honrar á súa patroa.
Na praza do Hospital fíxose un alto, onde a Coral Endesa cantou a Salve Mariñeira, seguida dunha impresionante sesión de fogos de artificio, que foi moi aplaudida polos numerosos devotos e curiosos que querían ver esta emblemática e tradicional procesión na honra da Virxe do Carme.
Na mañá do domingo foi a de regreso á capela do Carme, tamén acompañada por varios miles de persoas. Nesta ocasión ía encabezada pola Banda de Gaitas Alfaia, seguida dos nenos e nenas que nese día facía a súa primeira comuñón, o estandarte da confraría e as imaxes da Magdalena e da Virxe do Carme, autoridades locais, a Banda de Música e os fregueses. A chegada á praza do Carme estaba ateigada de numeroso público, que loubou a alfombra floral realizada na madrugada do sábado ó domingo deseñada por Noé López Valiña e confeccionada por varios veciños que traballaron arreo durante varios días e nesa mesma noite para que lucira na honra da súa patroa. De seguido foi a misa cantada pola Coral Endesa.
As festas continúan hoxe co festival folk e mañá será o día grande, a Romaría da Fraga, á que sen dúbida algunha e dado o bo tempo asistirán varias decenas de miles de persoas.
festa_carme-01.jpg


A CAPELA DO CARME
O santuario do Carme é a continuación da primitiva ermida de Santa María Magdalena, situada no paraxe chamado barrio da Magdalena.
A actual capela, ampliada en 1880, foi construída no ano 1738 logo de constituírse a Confraría do Carme, pasando a ser patroa de As Pontes a Virxe do Carme e co-patroa Santa María Magdalena.
De todo elo dan conta os libros da confraría que expoñen as vicisitudes da fundación, a relación de confrades e a administración do santuario.
A confraría fundouse en 1736 e os estatutos foron aprobados en 1741, cunhas regras polas que se rexeu ata hoxe e que foron aprobadas polo entón bispo de Mondoñedo, Fray Antonio Sarmiento de Sotomayor.
Enfronte da capela hai un cruceiro de granito instalado en 1828. Ten un capitel corintio ornamentado cunha cabeza de anxo. A cruz ten no reverso (mirando á capela) unha imaxe de Cristo crucificado e no anverso unha da virxe co neno no brazo. Nunha das catro caras da base presenta as imaxes, en baixo relevo, da Dolorosa e da Magdalena, e noutra a inscrición “Devoción de Don Francisco Bouza, natural de Las Grañas. Año de 1828”.
A VIRXE DO CARME, PATROA DUNHA VILA NON MARIÑEIRA
De todos é coñecida a tradicional devoción do pobo de As Pontes á Virxe do Carme, a cal figura como patroa da localidade dende 1858. A mediados do século XIX a festa patronal celebrábase o 15 de agosto, na honra da Asunción da Nosa Señora, que pouco a pouco foi decaendo trala creación da Confraría do Carme.
A imaxe da Virxe do Carme, que figura nun lugar privilexiado da capela, foi doada no ano 1872 e hai uns quince anos restaurada polo escultor de Compostela, Miguel Rivas Varela. Esta iniciativa partiu das “Camareiras da Virxe do Carme” e foi costeada pola veciña desta vila Dª América Franco Pico.
O suceso máis importante para a confraría ocorreu hai máis de medio século nunha solemne cerimonia na que a virxe foi coroada. Ás sete do serán do 19 de xullo do ano xubilar de 1958, e no propio santuario, foille imposta a coroa polo bispo de Mondoñedo, Joaquín Argaya Goicoechea, a cal foi doada polos veciños de As Pontes.
A esta cerimonia, ademais de todo o pobo de As Pontes, asistiu o alcalde Cesáreo González Dopeso, o gobernador civil e diversas autoridades da provincia.
O manto e o vestido foron doados polos devotos do pobo e os “Hijos de Puentes en Cuba”, a iniciativa dos irmáns Bellas Baamonde. Dende 1983 conta cunhas novas lámpadas, xa que as antigas fóronse deteriorando co paso dos anos. Foran doadas por Sergio Rivera Chao e Hipólito Vizoso nos anos 1905 e 1957.
Esta histórica cerimonia de coroación tivo lugar nas festas patronais de 1958, despois dun ano sen habelas, e nas que, entre outras, houbo actuación do Coro Aturuxo da Coruña, a banda municipal e as orquestras Mallorca, Puentes e Trovadores da Coruña.
Nunhas festas, nas que tamén houbo competicións de pesca, de natación –na presa de Alende- para infantís e cadetes e de tiro ó prato no campo de tiro do Poboado da Calvo Sotelo e un interesante partido de fútbol.
O día 20 foi adicado á cidade de Ferrol coa participación da Sociedade do Círculo Mercantil e Industrial da cidade ferrolá. Tamén houbo xincana motorista organizada polo Moto Club Ferrol.
O baile popular celebrábase no Campo da Feira e as verbenas na praza de Cervantes, hoxe do Hospital.
O día 25, o da “Festa da Isla”, comezou con dianas e alboradas e o pasarrúas de xigantes e cabezudos. Ás once da mañá concerto de música e a unha do mediodía iniciouse a caravana cara a Fraga e dúas horas máis tarde tivo lugar o concurso de empanadas.
A xira campestre rematou cun baile popular no mesmo lugar a cargo das orquestras da localidade, Mallorca e Puentes, e ás once da noite a derradeira verbena das festas na praza de Cervantes.
Estas festas tamén editaron a súa revista (a primeira foi en 1953). Dos seus artigos merece citarse un de Bocelo, xornalista de La Voz de Galicia, titulado Unión y Cordialidad. Ó final do mesmo dicía:

“Amigos de Puentes de García Rodríguez, esto es cuanto por hoy puedo deciros de vuestra ciudad, que probablemente ha cambiado mucho desde que la visité por última vez. Y permitirme una recomendación: Por mucho que sea su desarrollo, por grande que sea su prosperidad, procurad permanecer fieles a las características que la hacen amable y sonriente. Puentes puede ser mucho sin perder un ápice de sus virtudes hospitalarias. Debe seguir siendo una tentación permanentemente para cuantos la conocieron alguna vez. Debe continuar siendo un punto interesante de veraneo. Su campo es precioso; su río, una bendición… Lo demás debéis ponerlo vosotros. Solo son necesarios dos ingredientes: Unión y cordialidad. Es fácil, porque ya los tenéis. Sólo os queda saber conservarlos.”

BREVE HISTORIA DAS FESTAS DO CARME
Dende tempos ancestrais As Pontes tivo unha devoción mariana. Primeiramente os veciños honraban como patroa á Virxe da Asunción do 15 de agosto. Pero, trala fundación da Confraría do Carmelo no ano 1736 por Blas Santomé Aguiar, irmán do entón párroco de As Pontes, e aprobados os seus estatutos en 1741, a festividade do Carme comezou a tomar notoriedade entre os ponteses, anulando incluso á que se viña celebrando en agosto e así no ano 1860 a Virxe do Carme pasou a ser patroa de As Pontes.
Da festa profana do Carme, a popular, tense constancia de que se celebran dende o ano 1800 ó consignar nos libros da confraría a retribución dos músicos que actuaban en cada ano (10 reais en 1800 e seguintes, 20 reais en 1859, 50 en 1870, ós que había que engadir outros 25 para fogos e outros gastos).
A partir do ano 1880 a festividade do Carme pasou a ser organizada polos veciños do pobo, con actos relixiosos e lúdicos nos que había actuacións de cuartetos de gaitas e bandas de música.
As pequenas festas que se celebraban antes en As Pontes e no seu entorno consistían nunha misa e procesión, unhas pezas de música despois dunha poxa de produtos da terra, merenda no entorno da igrexa ou capela, continuando cun baile que remataba antes do anoitecer.
A festa patronal, o domingo e luns do Carme, era unha das máis importantes da comarca xa dende o século XIX, con misas, novena, procesións, dianas, pasarrúas, baile no vello Campo da Feira e verbenas a partir das nove da noite ata a media noite, un día na praza de América e outro na do Hospital. Isto viña sendo así ata a chegada da década dos anos cincuenta do século pasado.
A vila era engalanada dun xeito orixinal con arcos de flores ás entradas do pobo dando a benvida ós forasteiros. Había profusión de bandeiriñas de cores e a procesión do sábado estaba adornada con bengalas que ardían nos balcóns e as velas acendidas que portaban os devotos.
As Pontes, Festas do Carme e A Fraga 2012 (AF)
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
festa_carme-01.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios