Unha irresponsabilidade alucinante

17

Fai uns 10 anos empecei a ver grupos de rapaces e rapazas entre catorce e vinte anos collendo Xilocybes nun monte da zona. Cheguei a contar ata quince. Falei con un grupo. Eran para consumir e comerciar, sacaran a información da Internet. Non teñen idea, arriscan moito.
Chamei a Josep Piqueras, xefe de hematoloxía do hospital Val de Hebrón de Barcelona, especialista en intoxicación por setas con libros publicados e ducias de casos tratados e, no seu momento, conferenciante na Semana Micolóxica das Pontes. Comentoume que alí xa a cultivaban e expricoume o proceso. O risco está non soamente no seu consumo, os efectos son comparables os do LSD, senon en controlar a dose. Non son iguais as cultivadas que as ventureiras. Nas ventureiras é máis complicado, son máis fortes e si se pasan da dose poden non voltar da viaxe.
Fai duas semanas chamaronnos do proxecto Zona Cero para dar unha charla a rapaces e rapazas de entre doce e dezaoito anos sobre cogomelos i en concreto sobre variedades alucinóxenas. Manifesteille ás monitoras a miña preocupación polo enfoque do asunto. Tranquilo, dixeronme, a túa charla enmarcase nun programa máis amplo sobre as drogas e o seu consumo, os rapaces están preparados para o asunto. E alá fomos, moi ben, excelente o traballo das monitoras e moi boa a impresión que nos deixaron os rapaces. Pois ben, fai uns días un compañeiro preguntoume se vira unha reportaxe sobre a Feira de Cogumelos de As Pontes. Contesteille que non e convidoume a vela na súa casa. Estaba na Internet. Quedei alucinado. Non se pode frivolizar co consumo de setas alucinóxenas. Non se pode tomar a cachondeo o seu consumo. Se alguén fai experimentos na cociña da súa casa é o seu problema. Pero que non llo diga á cámara. Haberá rapaces que escolten iso e se digan: Se este experimenta eu tamen poido facelo. Os experimentos fanse na Universidade, fanos os científicos. E, repito, se algún os fai na cociña da súa casa que non llo diga á cámara.
Alguén terá que pedir explicacións, tomar medidas e pedir desculpas.
Xosé Guerreiro Pena

También podría gustarte
Comentarios