As Pontes

MUXAREGA ULTIMA A PRESENTACIÓN DO DOCUMENTAL "O LIÑO, ARTE E CULTURA" EN AS PONTES

2

O grupo folk Muxarega, man a man coa AA. VV. de Cabreiros, atópase inmerso na preparación das actividades de presentación do documental “O Liño, Arte e Cultura”, prevista para o vindeiro 22 de febreiro.
Este documental, de carácter eminentemente didáctico, pretende poñer en valor e evitar que caian no olvido as tareas domésticas de elaboración de tecidos de liño, tan importantes nos fogares galegos ata non fai moitas décadas. Nel plantéase a temática dende catro puntos de vista diferentes: o traballo manual do liño, o lado antropolóxico e social, o terapéutico, e a parte lúdica e cultural.
A grabación de este documental foi promovido pola AA.VV. de Cabreiros como parte dun proxecto de colaboración intexeracional e intermunicipal, onde interviron a propia asociación de veciños, a Asociación de Mulleres Rurais San Bartolomeu de Insua (Vilalba), e o grupo Muxarega de As Pontes. O guión e documentación do documental correspondeu a Xosé Manuel Felpeto e a Xesús Rodríguez, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, correndo a dirección de todo o proxecto a cargo do propio Xose Manuel Felpeto. A realización e producción foron realizadas polo técnico pontés Fernando Fresco.
muxarega1.jpg


Pola súa banda, os integrantes de Muxarega son os responsables de poñer a banda sonora a este documental, así como participar dando vida a algúns dos persoaxes que aparecen no mesmo.
As actividades de presentación ocuparán dous espacios, por un lado o Mercado Vello donde durante toda a xornada do día 22 haberá una exposición aberta a todo publico onde parte das integrantes da Asociación de Mulleres Rurais San Bartolomeu de Insua amosarán ós visitantes que tipo de aparellos se utilizaban en todo o proceso de tratamento do liño, así como o seu funcionamento. E por outro lado Casa Dopeso donde ás 19:30 se fará a presentación e proxección do documental.
muxarega2.jpg
muxarega3.jpg

También podría gustarte
Comentarios