Exposición: Vila da Arte

79

Un novo formato de exposición chega a As Pontes, da man de ARTPO, o colectivo de artistas locais da nosa Vila. Fotografía, pintura, poesía, e música farán das Pontes a “Vila da arte”, nome que da título á exposicion. O fío conductor, non podía ser doutro xeito, As Pontes, ante os ollos dunha vintena de artistas plásticos e trece fotógrafos, todos artistas locais.
Vila da arte preséntase como unha mostra variada, tanto en tamaños como en técnicas, acrícilico, óleo, acuarela, tinta e técnicas mixtas inundarán as paredes do Mercado Vello. Traballos que se completarán con proxeccións fotográficas e actuacións en vivo de músicos e poetas locais.
A inauguración da que será a segunda exposición no Mercado Vello do grupo de artistas ponteses, ARTPO, está prevista para hoxe martes 23 de Abril, ás oito do serán, e a partir de aquí poderase visitar ata o martes 30 de Abril, en horario de seis da tarde a oito do serán, e os sábados e domingos tamén pola mañá, de once a unha da tarde.
En Vila da Arte participan ARTPO, o grupo Fotográfico, o Grupo Poético Alalá, a Escola de Música e o Conservatorio de Música Profesional. Está organizado por artpo en colaboración co Concello Das Pontes, Radio Eter, Asociación Informática Amigus e Openor.
Artpo.jpg

También podría gustarte
Comentarios