AMBOSORES CELEBROU, DESPOIS DE CASE VINTE ANOS, AS SÚAS FESTAS PATRONAIS DA ASCENSIÓN

873

Esta fin de semana, a parroquia de Ambosores, cuxo territorio repártese entre dúas provincias e catro concellos (unha incongruencia das diferenzas entre as divisións eclesiásticas e administrativas), dous de Lugo (Ourol e Muras) e dous da Coruña (As Pontes e Mañón), recuperou despois de case dúas décadas, as festas patronais da Ascensión.
O seu nome vén de que no seu territorio conflúen os ríos de Tras da Serra, que nace na Veiga da Nata no concello das Pontes, e o de Santar, que nace en Muras, para formar o Sor, río que desemboca na ría do Barqueiro, no Cantábrico.
Os festexos comezaron o sábado con bombas de palenque anunciando os festexos. Logo, a iso do mediodía foi a misa e a continuación a procesión, á que asistiron moitos ambosorenses nados na parroquia e hoxe espallados por distintos lugares de Galicia e incluso no estranxeiro. A sesión vermú estivo a cargo da orquestra Xente Nova, que tamén ofreceu a súa música na verbena da noite acompañada do dúo Calima. O domingo, un auténtico día de primavera e moi soleado -ó contrario do sábado, con frío e con algo de chuvia- repetíronse os actos relixiosos e a sesión vermú foi amenizada polo dúo Venus.
Entre os asistentes atopábase o señor Lino Pernas Penabad, que vive no lugar da Igrexa e quen ós seus case 91 anos amosaba ledicia por volver a ver a festa da súa aldea despois de case dúas décadas.
ambosores


UN POUCO SOBRE A PARROQUIA DE AMBOSORES
Como se sinala ó principio, Ambosores é unha incongruencia (hai algunhas máis polo país galego) e un claro exemplo de cómo a división eclesiástica ignora a división administrativa oficial; que é evidente neste caso, xa que os diversos ríos que regan o seu territorio fan de límite natural entre parroquias, concellos e provincias.
Repartida entre os concellos de Ourol e Muras (en Lugo) e Mañón e As Pontes (na Coruña), Ambosores está regada polos ríos de Tras da Serra, que nace no Alto de San Xoán na parroquia pontesa do Freixo, e o de Santar, que inicia o seu percorrido no concello de Muras. Ó xuntarse os dous forman o chamado Sor, río que desemboca na ría do Barqueiro, no mar Cantábrico, despois de 49 quilómetros de percorrido encaixado entre os montes da serra da Faladoira.
A súa altitude vai dos 300 ós máis de 600 metros. O conxunto parroquial está situado na aldea da Igrexa, no concello de Ourol, a unha altura de trescentos metros sobre o nivel do mar. Neste lugar existiu en tempos pasados unha taberna propiedade da familia Tojeiro, na que se daban comidas e ó mesmo tempo era tenda de ultramarinos, así como unha escola nacional construída en 1924 polos emigrados de Viveiro e comarca en América. Hoxe tan só conta con dous veciños censados. Comunícase por estradas comarcais con As Pontes, da que dista 20 quilómetros, O Sisto, Ourol e Muras.
Ata principios do século vinte formaba parte da parroquia de San Pantaleón de Cabanas, que a mediados do XIX contaba con 1.700 habitantes repartidos en cinco distritos ou burgos (Ambosores, Baroso, Borra, Fondo de Vilar e Llano) e un total de de 53 aldeas e lugares e 300 casas. Esta parroquia de San Pantaleón de Cabanas era un curato de primeiro ascenso e padroado real e eclesiástico e estivo unido a Santa María de Cabanas ata 1813.
Coa nova división eclesiástica (arredor de 1900), Ambosores constitúese en parroquia independente cunha superficie duns oito quilómetros cadrados e collendo baixo a súa xurisdición aldeas e lugares de dúas provincias e catro concellos. Na actualidade ten un censo (2012) de tan só 36 habitantes cando nas décadas dos anos sesenta e setenta do pasado século chegou a ter máis de 300. A emigración a concellos veciños, como Viveiro e As Pontes, e a países de Europa, principalmente Suiza, Inglaterra, Francia e Holanda, fixo que a demografía fora en descenso continuo ata os 36 habitantes de hoxe.
No concello de Ourol están as aldeas habitadas de A Carcallosa (1), A Ferraxosa (3), A Igrexa (2), O Outeiro (1), Santar (2), Toxoso (7) e A Beira da Fraga (2). Están deshabitados Baroso, O Cabezón, A Cereixiña, Ambosores e A Ribeira da Señora. Ó concello de Muras pertencen As Ameixeiras (2), O Mouriscón (4), O Rego (1), Santar de Abaixo (1), A Pena do Mouriscón (0) e O Couce dos Mouros (0).
Ribeira do Bispo e Ambosores (tamén coñecido como Entrambosores), os dous deshabitados, pertencen ó concello de Mañón; mentres que A Casanova e Niño do Azor, tamén deshabitados, son aldeas do concello de As Pontes, situadas ó norte da parroquia do Freixo.
A súa igrexa parroquial foi construída a principios do século XX. É de planta de cruz latina e o seu estado actual precisa dunha rehabilitación. Na entrada do cemiterio hai un cruceiro construído no ano 1908, que foi doado por Luis Castelo e Cayetana Otero, segundo a inscrición da base.
Ademais desta festa da Ascensión, antigamente Ambosores celebraba tamén o Santiago en xullo e a Santa Lucía en novembro.
Ambosores, 13 de Maio de 2013 (AF)
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
ambosores
Nova cortesía A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios