As Pontes

PARTICIPACIÓN DO ATLETISMO OLYMPO NA ÚLTIMA FIN DE SEMANA DE MAIOOito compoñentes do clube participaron en catro probas atléticas.

Oito compoñentes do clube participaron en catro probas atléticas.

113

A gran Susana Castro, tirou de clase, e aínda con varios anos sen participar, foi cuarta no Campionato Galego de Probas combinadas, que se disputou en Vigo.

Participou no heptatlon, e na xornada do sábado foi sétima nos 100 metros valados (19:51), cuarta en altura (1.40), cuarta en peso (7.68), e sexta en 200 metros (29:85).

Xa o domingo, foi quinta en lonxitude (4.38), cuarta en xabalina (23.25), e, como non, primeira nos 800 metros (2:35:68), proba na que fora tres veces Campiona de España.

No Memorial Gregorio Pérez Rivera, nos 5000 metros, o gran Minecho foi segundo na proba de veteráns, e Miguel Vilaboy sétimo.

Pola súa parte, na terceira Carreira Popular de San Sadurniño, os irmáns Antonio e David Graña foron segundos, e medalla de prata, en Benxamín e Prebenxamín, respectivamente.

Tamén tivo presenza o clube pontés na Diversicorre Color Run, en Lugo, na que Goretti Ramos foi 64ª (22:24), Alba Rodríguez 135ª (26:43) e María Fornos 137º (26:44).

Nova cortesía Atletismo Olympo e X.F.

Comentarios