O PECHE DA TV LOCAL DE AS PONTES

Artigo de opinión de Fernando Fresco, impulsor do que foi o Obradoiro da Imaxe e fundador da TV, sobre o inminente peche da TV Local

1.356

No ano 2010 nos vendían que aproveitando o proxecto de Vilas Dixitais,a Tv Local de As Pontes iba facer unha inversión de 250.000 euros para dixitalizar a emisora e poder emitir en tdt (Full Hd,ousexa en Alta Definición). Esta inversión a parte da emisión, tamén iba consistir na dixitalización de todo o material que foi grabado e editado dende a creación da emisora.

Seis anos despois,parece que a Tv Local vai facer o peche definitivo (só Valentín parece que é o que non o quere facer),posiblemente non se fará ata que pasen as elecións (ás do 26 de xuño seguro) Autonómicas. Pero ó ritmo que se vai pode que xa non abra despois do período de vacacions.

Eu que fun ún dos fundadores, vexo que dende hai moitos anos, non se invirte un peso en recuperar os arquivos antigos, os videos estan haí, pero os equipos non funcionan, dín que se van a reparar, pero pasa un ano, e outro, e outro e cada vez quedan menos equipos en activo. Non hai plan de mantemento, os operarios teñen que apañarse como poden para poder grabar. A dia de hoxe, xa non poden emitir dende o propio local da Tv local no Concello. A chegada das novas frecuencias para telefonía ocupan a frecuencia que tiña a Tv Local e non se fixo nada por adaptarse.

Os orixes da Tv Local parten do ano 1988 cando era Concellal Fermín Paz Lamigueiro, o que se lle encargou realizar un Centro de Emisión de Radio e Televisión. Para iso contou ca coulabouración de Rafael Suardiaz, Enrique Rivera Rouco e eu mesmo.Comenzamos como: Obradoiro da Imaxe.

As primeiras probas as facíamos no local do Arquivo Histórico que nos cedera Don Enrique Rivera. O ano siguiente (1989) nos cederon o local que ocupa actualmente e que habilitamos para sá de edición e grabación de plató,Arquivo e Oficina.

Os primeiros equipos de grabación e Edición eran meus, pero a partir do 1990 o Concello xa empezou a invertir en equipamento, pero ata poder emitir tuveron que pasar anos…

Chegados a estes intres decir que o camiño dende o Obradoiro da Imaxe ata Tv Local non foi fácil. Aquilino Meizoso (Amigos de As Pontes) salvou o peche do Obradoiro da Imaxe. Victor Guerreiro (B.N.G.) contratou oficialmente o persoal da Tv Local, e si alguén non o remedia, Valentín González Formoso (P.S.O.E.) Darálle o peche definitivo a Tv Local de As Pontes.

Por Fernando Fresco

También podría gustarte
Comentarios