As Pontes: SOÑEI

Soño dun veciño das Pontes, por Xose Manuel Ribeira García

523

O levantarme como todos os dias despois de desayunar, baixei o “taller” e como facia mui bon dia, decidin ir en bicicleta a biblioteca ler o periodico, subin polo carril bici por Celso Emilio Ferreiro, e empalmei con outro carril bici que estaba pintado na rua da Avd de Vilalba, xa que era de direccion única e coches aparcados solamente nun lado, como paso polo lado do parque vin que na parte do campo, frente o bar / café da “CASETA DO PARQUE” cortaran un par de arboles enfermos e que fixeran un mini campo de futbol para as nenas/os, asi como unha canasta para xogar o baloncesto, e unha vez na biblioteca despois de mirar un pouco a prensa volvin a coller a bici e metime pola Avd da Habana e pasabame o mesmo, carril bici pintado no chan da rua e coches aparcados a un solo lado xa que a Avd era de direccion única igual que a Avd de Vilalba, pero como era un pouco mais tarde, habia moita mais xente en bicicleta pola avenida, despois cheguei a casa, e habia un autobús con moita xente que viñeran ver as instalacions antiguas da centran termica que xa parara de producir enerxia electrica, (que a traves dos impostos que pagara a explotación da central, montaranse varias fabricas de conserva, dedicadas a conxelacion e embasado de grelos, e de tratamento e embasado de fungos e cogumelos, asi como outra pequena explotacion basada na explotacion de arándalos ).

E querian ver a vista que tiña dende arriba a chimenea da antigua central termica, porque habia unha vista impresionate e a central donde están as turbinas era un restaurante, asi como a “VILA ETNOGRAFICA DA VILABELLA” que esta mismo o ladiño, como seguia estando mui bon dia, a xente do autobús decidiran comer no entorno da fraga das Pontes, xa que tiña unhas instalacions parecidas as do Caneiro donde a xente podia facer o asado, con garantias de non mollarse por ser instalacions semicubertas, pero tamén tiñan instalacions para xogar as nenas e nenos.

Despois falando coa xente que veu no autobus dixeronme que pola tarde, querian ver como antiguamente se producia electricidade na fabrica da luz (xa restaurada) que a tiñan na propia fraga xa que como todas/os sabemos ten que ter un pequeno salto de auga do rio eume, e tamén queiran ver como se facia fariña no muiño de Alende que está un pouco mais arriba, pero antes de chegar o muiño, no areal habia unha zoa de baño e con unhas mesas de madeira donde habia unha xente merendando coas crianzas, por certo todo esto mui ben señalizado.

A noitiña cando salin do taller de facer as miñas chafulladas, vin como a xente subia o autobus aparcado diante da casa donde vivo e pregunteilles que tal lles fora todas esa vesitas, contestandome XENIAL.

Logo espertei.

Artigo cortesía de Xose Manuel Ribeira García

También podría gustarte
Comentarios