As Pontes

Campionato de Galicia de 5 km en ruta

Celebrado o pasado sábado 2 de xullo na localidade de Curtis.

90

O Campionato que se disputou conxuntamente ca Carreira Popular de Curtis 2016 pertencente ao IV Circuito de Carreiras Populares Deputación da Coruña, logaría xuntar a un importante número de atletas inscritos tendo en conta o ateigado de probas cas que conta o calendario ofical da FGA. O pontés Xosé Manuel Meizoso Vilasuso, foi o 5º clasificado.

Lembramos que nesta proba tamén estaba en xogo o Campinato galego xuvenil, junior, promesa e veterano, proba esta na que competiu o atleta local, en representación do Atletismo Olympo As Pontes, na categoría de maior de 45 anos, sendo os resultados máis destacados nesta categoría o seguintes:

1.- PÉREZ LÓPEZ Manuel Oliver. Tempo: 16:56
2.- SANDE PRESA Juan Carlos. Tempo: 17:02
3.- VASQUEZ CORTES Marcelo. Tempo: 17:07
4.- CABO VILLAVERDE Miguel. Tempo: 17:38
5.- MEIZOSO VILASUSO Xosé Manuel. Tempo: 17:39

Campionato galego 5 km en ruta 2016 Curtis

Nova cortesía de Minecho

Comentarios