As Pontes

XXVII CARREIRA DE SAN XOSÉ AS PONTES 2017

Os vencedores absolutos foron Antonio Teijido e Paula Mayobre.

1.062

Nunha mañá de domingo moi soleada disputouse en As Pontes a tradicional Carreira de San Xosé, proba organizada polo Concello de As Pontes e o Clube Atletismo Olympo.

Máis de 600 participantes déronse cita, tanto na carreira coma na andaina, na competición amenizada polo speaker Xalo Maira.

Nos máis pequenos, os Benxamíns, a vencedora foi Henar Méndez, seguida de Alba Pena e Noa Ardao. Diego Solano en categoría masculina, gañou o ouro por diante de Lucas Blanco e Xandre Domínguez.

En Alevín masculino, resultou vencedor Ian Méndez, seguido de Antonio Graña e Mateo Núñez, mentres que o ouro nas rapazas foi para Carmen García, seguida Laura Vispalia e Aloia Murado.

Na proba Infantil gañou Manuel Rodríguez, e seguíronlle Hugo Blanco e Antón García. Celia Durán foi primeira nas rapazas, seguida de Carme Alonso e África Morales.

Ana Vallines venceu a proba feminina Cadete por diante de Natalia López e Aldara Rodríguez. Xoel Trastoy gañou na proba dos rapaces.

Na categoría Xuvenil o primeiro en entrar na meta foi Aldo Rey, ao que lle seguiron Pablo Irimia e Cristian Piñeiro. En mulleres a vencedora resultou Natalia Fraga, por diante de Laura Varela e Nerea Noval.

O vencedor da proba absoluta foi Antonio Teijido, seguido de Jonathan Fernández e Marcelo Vasques, mentres que nas mulleres a gañadora foi a gran atleta aresá Paula Mayobre, seguida de Noemí Moral, e Laura Cabarcos, que asemade foi a mellor pontesa, galardón que recaeu en Esteban Díaz na proba masculina, acabando na quinta posición.

Nos veteráns, gañou Elena Sierra por diante de Rosa Sierra e Loli Losada. Manuel López foi o vendedor veterán, acompañado por Miguel Varela e Jose Manuel Dopico

Tamén se premiou ó clube con maior representación, que foi para a Escola Deportiva Lourenzá, de Mondoñedo.

Deuse un premio ó 27º clasificado de cada proba, por conmemorar a vixéximo sétima edición desta clásica carreira pontesa, recaendo en Sonia Vilaboy, filla do mítico Manolo, e Manuel Corral. Tamén se sorteou como agasallo un pulsómetro, cortesía de Galiorient.

Recadáronse máis de mil euros para o Patronato Concepción Arenal, centro de acollida de mulleres vitimas de malos tratos, dado que cada participante adulto contribuía con tres euros nesta proba solidaria.

Ó remate da proba houbo unha sesión de zumba, e entregaron os premios o Alcalde Valentín González Formoso, e os concelleiros, Jose Alén, Isa Fornos e Chicho Tembrás.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Comentarios