As Pontes

Obradoiro de aproximación ao gravado e taller de acuarela nas Pontes.

Xornada gráfica del Mércores 26 de Abril, aberta adultos e nenos maiores de 8 anos e gratuíto.

23

Dende o día 18 ata o 28 de abril contaremos na sala de exposicións do mercado vello coa mostra itinerada pola deputación de A Coruña X Premio Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez.

Co fin de poder profundizar na arte gráfica organizamos un obradoiro de aproximación ao gravado da man da Fundación CIEC (Centro internacional de la estampa contemporánea)

Xornada gráfica del Mércores 26 de Abril, aberta adultos e nenos maiores de 8 anos e gratuíto.

Duas sesións: 1º de 16.30-18.30h
2º de 19.00 a 2100h

Cada grupo cun máximo de 20 personas levarán a cabo unha punta seca, en cada sesión os participantes elaborarán a súa propia plancha e levarán a cabo o seu tintado e estampado. Ao final cada participante levará a casa a súa obra, creada e estampada por él mesmo.

La Fundación CIEC, aporta o profesor cualificado e un asistente, o tórculo, papeis de estampación e todos os materiais necesarios para a xornada: tintas, cubetas, espátulas, aguarrás, etc.
Inscricións no dpto de cultura.

Por outro lado en Maio contaremos co I TALLER DE ACUARELA impartido por Manuel Gandullo para os sábados 6,13,20,27 de maio en horario de 16 a 20h , podes informarte e reservar praza en cultura@aspontes.org 981 440344 prezo: 10€ ( prazas limitadas)

Nova cortesía do Departamento de Cultura

También podría gustarte
Comentarios