O CD As Pontes feminino subcampión da copa Afaco

Empatou a puntos co Campión Cultural Maniños

426

O CD As Pontes Feminino despedía esta sábado a tempada coa disputa na Capela da Copa Afaco.

Tratábase dun cuadragular entre catro equipos, e as de Julio Montero e Pita comezaban moi ben gañando 4-0 ó Galicia de Mugardos, e aínda mellor empatando coa Cultural Maniños 2-2.

O punto máis valioso da tempada ante o equipo de Fene, nada máis e nada menos que Campión de Liga, Copa, e Provincial.

Todo quedaba para os derradeiros encontros, e o Maniños, que vencera 4-0 á Capela, gañou tamén polo mesmo resultado ó Mugardos.

Necesitaba polo tanto o As Pontes vencer por cinco goles no último partido para quedar campión, pero só puido gañar 1-0 ante o conxunto locatario, sendo campión o equipo de Fene, empatados a 7 puntos, pero con (+8) por (+5) das azuis, logrando o cuarto título da tempada.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios