As Pontes

Nota de prensa BNG: A ALCALDÍA ABRE UN EXPEDIENTE URBANÍSTICO AO CONCELLEIRO DE OBRAS

O BNG demanda a demisión dos Concelleiros de Obras e de Urbanismo.

962

A comezos do mes de maio rexistrábase un escrito no Concello polo que un veciño denunciaba as obras executadas, sen licenza, no Poboado das Veigas polo 4º Tenente de Alcalde e Concelleiro de Obras, denuncia que tamén foi enviada á Fiscalía, quen ten iniciado actuacións.

Segundo os informes técnicos municipais, as obras executadas sen licenza terían a consideración de dúas infraccións urbanísticas leves e unha grave, non legalizable, con sancións, na aplicación da Lei do Solo, de até 60.000 euros.

O asunto xa fora motivo de debates nos Plenos durante o ano 2015, nos que o propio Concelleiro de Obras, logo de afirmar que tiña as licenzas, rematou por recoñecer o que cualificou como “erro”; dende entón, o Concelleiro de Urbanismo e 2º Tenente de Alcalde, que fixo defensa e xustificación da actuación do seu compañeiro, non foi quen de exercer as súas responsabilidades, polas que cobra unha dedicación exclusiva duns 35.000 euros.

O día 1 de agosto, tres meses despois da denuncia do veciño e máis de dous anos dos debates nos Plenos, e co escrito da Fiscalía xa no Concello, a alcaldesa en funcións, asinou un decreto polo que resolve iniciar o procedemento de protección da legalidade urbanística, no que tamén está Endesa na súa condición de propietaria do terreo.

Para o BNG, a gravidade dos feitos, con independencia da conclusión dos expedientes, esixen a demisión inmediata dous dos concelleiros directamente implicados, o de Obras e o de Urbanismo, executor e colaborador/encubridor; como van a esixir aos seus veciños e veciñas cumprir as normas que eles incumpren e deixan incumprir?; ou é que o “ideario político” que defenden non lles obriga a renunciar ao cargo por responsabilidade e coherencia?; que máis teñen que facer?.

Asemblea Local do BNG das Pontes

También podría gustarte
Comentarios