As Pontes

I CAMPUS DE RUGBI VILA DE AS PONTES

Tivo lugar esta semana de luns a venres

127

Este venres pola mañá pechouse o primeiro Campus de Rugbi Vila de As Pontes que tivo lugar no Monte Medulio durante cinco días.

Os rapaces aprenderon nestas xornadas, e da man de membros do Fendetestas pontés, elementos técnicos e tácticos, a placar e percutir, posición, melés, rucks e o característico pase cara atrás. Tamén houbo contactos con outros deportes, como o fútbol gaélico e o tiro con arco, e visitas a Xaraleira e ó campamento urbán da Magdalena.

Coa visita de Aspanaes, a entrega de diplomas, e un partidiño final, puxose fin a este primeiro Campus onte sobre ás dúas da tarde.

Entregaron os diplomas, Toño Ferreiro, Presidente do Fendetestas, Jose “Cope”, de Matojoma, e os concelleiros Chicho Tembrás, Ana Pena e Antonio Alonso.

Tamén nesta derradeira xornada houbo unha visita de luxo por parte da xogadora boirense Vanesa Rial, que ven de xogar hai uns días coa Selección Española o Mundial de Rugbi a quince en Irlanda, Mundial que tamén xogou en Francia en 2014, modalidade na que foi Campiona de Europa en 2010. O ano pasado estivo en Río 2016 coa selección española de Rugbi a sete.

Nova cortesía Xose Cendán e Xose Ferreiro

Comentarios