As Pontes

CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2017/18: RESULTADOS 8-9-10 / SETEMBRO /2017

Contundente derrota 3-0 do As Pontes ante o ascendido San Tirso. Vitoria do Xuvenil e derrota pola mínima do Cadete.

153

Contundente derrota 3-0 do As Pontes ante o ascendido San Tirso. Vitoria do Xuvenil e derrota pola mínima do Cadete.

PREFERENTE GALICIA 2017/18 – Grupo 1º (3ª)
SAN TIRSO S.D. – C.D. AS PONTES (3-0)

Contundente e sorprendente derrota, 3-0, do primeiro equipo pontés ante o San Tirso, equipo de Mabegondo, que non só é recén ascendido, como o era o Dumbría, senon que ata o de agora, e contra dous equipos que se presumen serán da zona baixa, só levaba un empate e unha derrota, anotando apenas un gol, facendo hoxe todo un hat trick.

Un gol de Xian, futbolista que o ano pasado xogaba na Segunda Rexional, ó comezo do encontro, e outros dous no inicio do segundo, do vilalbés Juan Carlos, e de Fran, que a tempada pasada anotou 21, deron ós locais a súa primeira e folgada vitoria na categoría.

Un As Pontes que recibe ó Atlético Escairón a vindeira xornada, que hoxe gañou 4-1 ó Residencia, e que xa está a seis puntos de dous líderes sólidos como Paiosaco e Dubra.

Xogaron Paco, Criado, Alex, Rego, Dani, Chis (Carba 76´), Quique, Bossa, Eloy (Ramos 76´), Fidi (Jaime 76´), Adrián (Pardo 58´).

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 1ª Fase (Grupo A)
CD AS PONTES – SRD PORTUARIOS “B” (3-0)

Vitoria do Xuvenil no seu estreo ligueiro tras descansar a pasada semana. O equipo de Mieres xa levaba encarrilado o encontro tras marchar 2-0 ó descanso, con tantos de Cristian e un moi bo de Óscar Calvo.

Xa no segundo tempo, nunha xogada cun pase de banda a banda, chega só ó segundo pau Alex Barro, tira, e desvía o xusto un defensa para descolocar ó porteiro para o 3-0 e prácticamente a sentenza.

Neste segundo tempo destacar tamén unha vaselina de Óscar, un tiro alto de Josiño e outra ocasión do propio Óscar dentro da área pequena, que saca o porteiro co corpo.

Xogaron Meidán (Lino), Fraga, David (Alex Barro), Pablo, Breijo, Vilela, Carlos (Derick), Chema, Cristian (Dani), Xose (Jose) e Óscar Calvo.

Cuartos con tres puntos, visitan ó San Sadurniño, que leva dúas derrotas, aínda que pola mínima.

1ª AUTONÓMICA CADETE 1ª Fase (Grupo A)
RACING SAN PEDRO CF – CD AS PONTES (3-2)

Derrota do Cadete 3-2 ante o San Pedro, nun encontro no que o protagonista foi o xogador local Alberto Crespo, que anotou tres goles.

Poñíanse por diante con 2-0, e antes do descanso recurtaba distancias Joan. Preto do final chegaba o 3-1, e aínda que Vicente voltaba a achegar o marcador non houbo tempo para máis e os de Rubén Pardo, con tres puntos, reciben ó Amistade de Meirás B, que ten dúas derrotas.

Xogaron Juan (Andrei), Eyob (Iván), Antonio, Santi, Alejandro (Xavi), Nono, Xoel Purriños (Adrian), Xan (Xoel Pena), Vicente, Jandro, Joan.

Nova cortesía de A.F. e Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios