As Pontes

O ESTEO FUTBOL SALA

O equipo pontés recibe ó Prone Lugo na Copa de Galicia

28

Este mércores, o equipo pontés de fútbol sala do Esteo recibe ó Prone de Lugo, un dos tres equipos galegos da Segunda División, xunto a Burela e Noia, na Copa de Galicia.

O equipo pontés chegou a esta rolda de oitavos de final tras gañar 3-4 ó Ribeira, de Terceira División, conxunto co que perdeu 5-1 nun amigable esta fin de semana.

O equipo lucense, antiguo Azkar, foi un histórico na Primeira División, con 14 campañas, chegando a ser Campión da Recopa de Europa en 2006.

O ESTEO FS – PRONE DE LUGO
Mércores 13 – Setembro – 2017 (20:30)
Pavillón Municipal da Fraga (As Pontes)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Comentarios