Amigus Labs • Obradoiros tecnolóxicos

O vindeiro 23 de setembro, no Mercado Vello de As Pontes terá lugar unha nova experiencia de Amigus Labs, os Obradoiros Tecnolóxicos.

857

Nos Obradoiros Tecnolóxicos de Amigus Labs expoñeranse diferentes ferramentas tecnolóxicas de arte e creación dixital (impresión 3D, fabricación dixital, robótica, programación, realidade virtual, drons e radio control ou videoxogos entre outros).

Durante o día realizaranse diferentes obradoiros, como robótica ou fabricación de kits electrónicos pero tamén se dará a posibilidade de pilotar dróns ou de viaxar a mundos virtuais en primeira persoa.

Nunha zona mostraremos algunhas das creacións que durante os últimos anos se realizaron dentro dos Amigus Labs.

A exposición estará aberta de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas. A entrada é gratuita.

A idade recomendada para asistir aos Obradoiros Tecnolóxicos é partir dos 4 anos.

Fabricación Dixital
Exposición de máquinas de fabricación dixital: Impresoras 3D, CNC, fresadora, así como exemplos de ferramentas construídas en Amigus Labs e materiais utilizados.

Xogos retro
Máquinas recreativas feitas por usuarios de Amigus Labs, deseñadas e programadas nos obradoiros.

Minecraft
O popular xogo de Minecraft, hackeado vía Scratch onde os máis pequenos poden xerar o seu mundo e manipulalo vía programación.

Dron e Radio Control
Exposición de drons e vehículos teledirixidos. Mediante simuladores de voo, poderase aprender a manexar estos vehículos non tripulados.

Laboratorio sonoro
As novas tecnoloxías aplicadas á creación musical provocaron unha autentica revolución nas maneiras de acceder, crear e transformar o mundo dos sons.

Escornabots
É un proxecto de robot educativo aberto para iniciar aos nenos e nenas máis pequenos no campo da robótica e da programación. Os rapaces terán a oportunidade de fabricalos ou ben manexalos a través de tableiros.

Robótica Lego
Neste obradoiro poderás construír, programar e controlar os teus propios robots LEGO do modo máis intelixente, rápido e divertido.

Experimentos Arduino
Veremos diferentes proxectos creados con Arduino, a placa DIY por excelencia. Mediante botóns ou sensores poderanse controlar de maneira intelixente motores, led, xerar sons..

Realidade Virtual
Oportunidade de vivir en primeira persoa distintas experiencias de entornos de realidade virtual cómo interactuar con eles e por qué non, ser ti o que constrúes o teu mundo.

Organizan:
Asociación Informática Amigus • Amigus Labs • Merca Nas Pontes

Colaboran:
Concello das Pontes / OMIX / Concellería de Xuventude • COHEMPO • ENDESA • EuroEume • Nauta • No Ping • Nodo Dixital • Triade • Severiano Agrocomercial • Escourido Asociados • Clip Carbono • Ferretería Marcos • Lujo • Matojoma • You can school of English • Fitter • Pontesa Marmoles y granitos • Desguaces Vilabella • Óptica Carmela • Galiorient • Servicio Móvil • Areco • Panadería San José • Fotografía Fabian • Don Dino • CONPLC • IcoEume • Preludio Musical • Arprosa • Radio Eter

 

Amigus Labs é un proxecto da Asociación Informática Amigus.

O noso obxectivo é achegar posibilidades novas cada día, e facémolo poñendo en contacto persoas, ideas e proxectos, e facilitando o acceso a tecnoloxía e recursos.

Amigus Labs está formada por persoas curiosas e con ganas de aprender nun entorno de traballo amigable. Con acceso á tecnoloxía e compañeiros que nos axudarán na nosa aprendizaxe e con ese proxecto que tes en mente, que sabes que pode facerse, pero que agora non sabes como.

Amigus Labs é un proxecto en fase de desenvolvemento para a creación dun Laboratorio de Arte e Creación Dixital. Nestes espazos os deseños realizados por computador pódense materializar en obxectos reais. O proxecto centrarase na creación dun espazo de traballo comunitario para fomentar o uso e o coñecemento da fabricación dixital e as novas tecnoloxías.

Descubrirás o doado que é chegar a usar as novas tecnoloxías para fabricar case calquera cousa, a través dun programa educativo de sensibilización que comprende talleres, actividades e cursos de capacitación relacionados coa arte e a creación dixital.

Desde a cultura ‘open source’, baseada no concepto de compartir o coñecemento e fomentar o intercambio aberto de ideas. Queremos crear un impacto social e tecnolóxico a escala local empoderando aos cidadáns das Pontes e comarca a través do uso das novas tecnoloxías, a reciclaxe e a creatividade.

O noso obxectivo é converternos nunha ferramenta educativa e creativa aberta para todos os públicos, a través dun espírito baseado na colaboración, o deseño e o coñecemento compartido.

Amigus Labs é un proxecto en fase de procura de colaboradores e financiamento, que nos permita dispoñer dun espazo físico entendido como espazo de traballo, estudo e desenvolvemento de proxectos.

Podes coñecer máis sobre Amigus Labs en www.amiguslabs.org

También podría gustarte
Comentarios