As Pontes

CLUB DEPORTIVO AS PONTES  2017/18: PARTIDOS 15-16-17 / SETEMBRO /2017

Despois da sorprendente e severa goleada en Mabegondo, o As Pontes enfróntase por primeira vez no Poboado ó Escairón

89

Triste comezo de liga do CD As Pontes, pois en tres xornadas leva dúas derrotas contra equipos ascendidos (a última na casa do San Tirso e por goleada) e só unha vitoria no Poboado.

Mal se poñen as cousas para un equipo feito para estar entre os que loiten polo ascenso. Hai cabreo e enfado entre os afeccionados ponteses, que non dan crédito a esa sorprendente goleada no campo do San Tirso, equipo recén ascendido á categoría. O resultado deste penoso inicio de liga é a 13º posición, a seis puntos dos equipos da cabeza, Paiosaco e Dubra.

A dinámica ten que cambiar xa e pode comezar nos dous vindeiros partidos que se xogan na casa, contra o Atlético Escairón e Xallas, equipos ós que nunca se enfrontou o equipo pontés. Primeiro será este domingo o Atlético Escairón (fundado en 1963), que perdeu o primeiro partido na casa ante o Polvorín (1-4), logo empatou en San Tirso (1-1) e a xornada pasada gañou claramente ó Residencia lugués.

PREFERENTE GALICIA 2017/18 – Grupo 1º (4ª)
C.D. AS PONTES – CLUB ATLÉTICO ESCAIRÓN
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
Domingo 17 de Setembro de 2017 (18:00 h)
ÁRBITRO: RUBÉN REBORIDO RODRÍGUEZ (A Coruña)

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 1ª Fase (Grupo A)
CD SAN SADURNIÑO – CD AS PONTES
Campo da Piscina (San Sadurniño)
Sábado 16 de Setembro de 2017 (18:00 h)

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
CULTURAL MANIÑOS SD – CD AS PONTES
Campo do Pote (Maniños)
Domingo 17 de Setembro de 2017 (11:45 h)

1ª AUTONÓMICA CADETE 1ª Fase (Grupo A)
CD AS PONTES – EFB AMISTADE DE MEIRÁS “B”
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 16 de Setembro de 2017 (12:00 h)

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 1ª Fase (Grupo A)
CD AS PONTES – SDCR NARÓN O FREIXO
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 16 de Setembro de 2017 (12:00 h)

CATEGORÍA ALEVÍN (1ª Fase)
CCRD PERLÍO “B” – CD AS PONTES
Campo dos Pinares (Perlío)

Venres 15 de Setembro de 2017 (19:00 h)
CD AS PONTES “B” – CEDEIRA SD “B”
Campo do Poboado (As Pontes)
Venres 15 de Setembro de 2017 (18:00 h)

Nova cortesía de A.F.

Comentarios