As Pontes

Club Deportivo As Pontes 2017/18: partidos 21-23-24 / setembro /2017

O As Pontes recibe por primeira vez no campo do Poboado ó Xallas de Santa Comba

51

Xallas FC fundouse no ano 2012 por fusión do Santa Comba FC (sucesor do Atlético Mineiro) e Xallas CF. Visita por primeira vez o campo do Poboado, polo que non hai ningún antecedente entre os dous equipos.

Os anteriores encontros, todos foron co histórico Atlético Mineiro (desaparecido hai uns anos), que gañou as dúas visitas que fixo ó Poboado na categoría preferente, con vitoria por 1-3 na tempada 2003/04 e 0-1 na 2004/05. Estivo seis tempadas na 3ª División. O Xallas FC está na 17ª praza da preferente norte con só dous puntos, grazas ós empates no seu campo ante Dumbría (0-0) e San Tirso (1-1).

O CD As Pontes amósase moi forte no seu campo e moi frouxo nas súas saídas. Goleadas no Poboado ante Sofán (4-0) e Escairón (5-1), mentres que perdeu nos campos do Dumbría (2-1) e San Tirso (3-0), equipos recén ascendidos á categoría.

Por outra banda, sinalar que comeza a competición o equipo benxamín A, mentres que o “B” farao o sábado 30, igual que os dous conxuntos da categoría prebenxamín.

PREFERENTE GALICIA 2017/18 – Grupo 1º (5ª)
C.D. AS PONTES – XALLAS F.C.
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
Domingo 24 de Setembro de 2017 (18:00 h)
ÁRBITRO: VÍCTOR M. CAPÓN ÁLVAREZ (Vigo)

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 1ª Fase
CD AS PONTES – CD NARÓN “A”
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 23 de Setembro de 2017 (17:30 h)

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
CD AS PONTES – DISCALZAS SD (Cedeira)
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 23 de Setembro de 2017 (18:00 h)

1ª AUTONÓMICA CADETE 1ª Fase
FC ORTIGUEIRA – CD AS PONTES
Campo de San Claudio (Ortigueira)
Xoves 21 de Setembro de 2017 (18:00 h)

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 1ª Fase
UD CEBARCA – CD AS PONTES
Campo Municipal (A Barqueira)
Sábado 23 de Setembro de 2017 (17:45 h)

CATEGORÍA ALEVÍN (1ª Fase)
CD AS PONTES – FC ORTIGUEIRA “B”
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 23 de Setembro de 2017 (11:00 h)
Gª MUGARDOS – CD AS PONTES “B”
Campo da Pedreira (Mugardos)
Sábado 23 de Setembro de 2017 (11:00 h)

CATEGORÍA BENXAMÍN (1ª Fase)
CD AS PONTES – SCRD NARÓN O FREIXO “B”
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 23 de Setembro de 2017 (12:10 h)
CD AS PONTES “B” (comeza a liga o sábado 30)

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (1ª Fase)
CD AS PONTES (comeza a liga o sábado 30)
CD AS PONTES “B” (comeza a liga o sábado 30)

Nova cortesía de A.F.

Comentarios