As Pontes

O ESTEO FUTBOL SALA

O Esteo comeza a liga 2017/18 recibindo no pavillón da Fraga ó cadro zamorano do Atlético Benavente

25

O conxunto pontés fixo unha pretempada máis que aceptable, clasificándose para cuartos de final da copa de Galicia ó vencer ós conxuntos lucenses do Ribeira (3ª División, 3-4) e Prone Lugo (2ª División, 4-2).

Nos amigables, dúas derrotas ante Burela e Ribeira, unha vitoria sobre o Pontedeume e quedou segundo no triangular que disputaron en Pontevedra o Leis, o Zamora e o Esteo. Nos tres partidos houbo empate, quedando primeiro o Leis Pontevedra, que marcou 5 goles, por 4 o Esteo e 3 o Zamora.

O conxunto zamorano, fundado en 1999, visita As Pontes por terceira vez. Nas dúas anteriores confrontacións, vitorias do Esteo por 2-1 (2015/16) e 6-2 (2016/17). Na segunda xornada o Esteo viaxará á difícil pista do Universidad de Valladolid.

SEGUNDA DIVISIÓN B (1ª xornada)
O ESTEO F.S. – ATLÉTICO BENAVENTE F.S.
Sábado 23 – Setembro – 2017 (18:30)
Pavillón Municipal da Fraga (As Pontes)
ÁRBITROS: Dans Rey e Presedo García (A Coruña)
ÁRBITRO DE MESA: Rey Hermida (Santiago)

Nova cortesía de A.F.

Comentarios