As Pontes

Nota de prensa do BNG: Facerse un vado cun paso de peóns

Nova nota de prensa enviada pola Asamblea Local do BNG.

272

Gastar miles de euros públicos en formigón, en plena campaña das eleccións municipais, e xustificalo coa escusa de mellorar a accesibilidade: igualiño que fai o PP noutros concellos galegos; a única accesibilidade que realmente se buscaba eran os votos, por iso é normal que agora sigamos facilitando outras accesibilidades.

Por exemplo, se temos un garaxe, pois que mellor idea que facerlle xusto diante un paso de peóns, deses elevados que están ao mesmo nivel da beirarrúa, e así facilitamos sen ningún problema a entrada e saída dos coches.

O que xa non sabemos é por que está ese paso de peóns concreto nese lugar, por que se quitou outro na mesma rúa?, cal é a xustificación, se existe, dese cambio?, en que mellora a seguridade viaria?, e a parada do transporte escolar?.

É posible que nunca teñamos resposta a estas preguntas, pois este Goberno do Psoe, que tanto gasta en publicidade, non é precisamente un goberno transparente, lembremos que aínda non responderon á solicitude que fixo hai tempo o BNG sobre si existía algún informe técnico de como podería afectar á seguridade de persoas e de tráfico a colocacións dos actuais contenedores de recollida de lixo.

Mais no tema do paso de peóns, xusto diante dun determinado garaxe, debemos recoñecer que é todo un logro de innovación por parte do Psoe local.

Que pasaría se todas as persoas con garaxe solicitasen un paso de peóns xusto diante do garaxe?; pois que o Concello non recadaría nada polos vados e que as rúas de As Pontes serían moi simpáticas, todas cheas de pasos de peóns; hai que recoñecer que o Psoe de As Pontes é unha máquina, os que non cobran do Concello queren cobrar en especie.

Até a próxima festa!!!!; para estes “gobernantes” os temas de emprego e crecemento económico son cousa do pasado.

As Pontes, setembro 2017
Asemblea Local do B.N.G.

Comentarios