As Pontes

Amigus Labs: Obradoiros tecnolóxicos

A exposición tecnolóxica atraeu a moitas persoas curiosas e con ganas de aprender ao Mercado Vello

227

Durante o pasado sábado 23 de setembro, o Mercado Vello foi un fervedoiro de mozos e adultos descubrindo que calquera pode crear calquera cousa grazas ás novas tecnoloxías.

Drones, realidade virtual, robótica, impresión 3d, videoxogos, equipos de fabricación, imaxe e de són foron algúns dos proxectos que puideron ver, tocar e crear todos os que se achegaron á exposición.

Nos talleres, os máis pequenos puideron crear robots con Lego, ou fabricar 3 novos escornabots de Amigus Labs; os encargados foron Paola, Noa, Lia, Aitana, Alex e David.

Os escornabots, as recreativas, os simuladores de radio control ou os equipos con Minecraft foron os máis solicitados, así como probar o equipo de realidade virtual, que foi un dos máis exitosos.

Moitos se interesaban en como funcionaban ou como os construíamos, con que materiais ou o custo dos compoñentes que en todos os casos facían que estas creacións fosen moitísimo máis baratas que as que che podes atopar no mercado de forma comercial.

Desde Amigus Labs queremos agradecer ao concelleiro de xuventude Chicho Tembrás polas facilidades que nos deu para realizar esta actividade, así como ao departamento de Cultura pola colaboración, e a todas as entidades colaboradoras:

En Amigus Labs xa estamos a preparar o próximo evento, para o sábado 14 de outubro, sobre a “Industria 4.0” que pronto anunciaremos e xa vos convidamos a participar.

Fotos cortesía de Nando

Comentarios