As Pontes

Segunda división “B” de fútbol sala: O Esteo FS – Atlético Benavente FS (3-5)

O equipo pontés tivo o empate cun dobre penalti a 30 segundos do final, e os zamoranos anotaron o 3-5 co tempo cumprido.

203

Derrota do Esteo 3-5 na tarde de onte nun partido trepidante ante o Atlético Benavente.

O equipo pontés DO Esteo estreábase na Liga ante o conxunto zamorano, e nun primeiro tempo de moitas ocasións dos locais e outras tantas paradas de Javichu, resaltar os tiros ó longueiro de Pana (4´), e Malaguti (10´).

Puidose adiantar o Esteo cando tras unha gran xogada de Pana, deixa só a Héctor, e o seu tiro rexeitao o porteiro. Por sorte no saque de banda posterior, acaba marcando o xogador de Pontedeume (11´). Pero pouco durou a ledicia porque despois, tras unha falta de Héctor, era o gran Charlie o que marcaba a balón parado (12´).

O xogador de Benavente, ex da Selección Española, Lobelle, Santa Coloma, Ribera Navarra, Levante, Guadalajara ou Móstoles, entre outros, colou o balón por alto, entrando tras petar no longueiro.

A pesar de ser os locais os que achucharon antes do descanso, foron os casteláns leoneses os que marcharon con ventaxa, nun centro tralo que Cala lle gaña a partida a Martín no segundo pau e acaba marcando faltando catorce segundos.

No segundo tempo voltouse a repetir a tónica dos primeiros 20 minutos, de grandes ocasións para os ponteses, e tamén boas salvadas de Javichu.

Pero como acontecera antes do descanso, de unha xogada entre Ayala e Juan Cruz con tiro ó longueiro do arxentino (28´), pasouse a unha mala transición de Gago, na que Malaguti queda só e acaba marcando de tiro raso (29´), o ex xogador do Cidade de Narón a campaña pasada na Segunda División.

O equipo local non se deu por vencido, e nos últimos sete minutos arriscou con porteiro xogador. Estivo sensacional Juan Cruz, que fixo un xogadon no que se desfai de dous rivais e bate por entre as pernas Tomy (35´).

Só un minuto despois puxo o delirio nas gradas, tras unha xogada na que tiro Gerardo en primeira instancia, logo cabecea de lado a lado Ayala, e chegando dende atrás remata de cabeza ó fondo das redes Juan Cruz facendo o doblete e poñendo o 3-3 no marcador (36´).

Pero cando semellaba que o máis complicado estaba logrado, apenas un minuto despois, Malaguti centra dunha banda a outra, e chegando libre de marca ó segundo pau volta a marcar Cala (37´).

Apretou o Esteo ata o final e incluso Martin fallou un doble penalti faltando 30 segundos. Cun gol do gran Charlie cando semellaba que o tempo xa se cumprira incluso antes de que o xogador de Benavente rematara de cabeza cara atrás, pero ninguén fixo sonar a bocina, rematou o encontro.

Os de Javi Saa terán unha compricada visita ante o sempre equipo dos postos de arriba como é o Universidad de Valladolid, que neste debut perdeu 3-1 co histórico Zamora. Conxunto recén ascendidos perderon de pouco nesta xornada asi que semella que será unha Liga onde ninguén regalará nada.

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Javichu, Héctor, Pana, Juan Cruz, Ayala – cinco inicial – Martín, Gerardo, Rober Paz, Gago, Dani.

ATLÉTICO BENAVENTE FS: Tomy, Escu, Joselu, Malaguti, Charlie –cinco inicial- Cala, Oli, Alex, Fa, Samu.

ÁRBITROS: Carreira Romero e Modrono Liz (A Coruña). Amarelas a Javichu, Jesús, Héctor, Ayala, Cala, Malaguti, Charlie e Mañanes.

GOLES: Min. 11 (1-0), Pana. Min. 12 (1-1), Charlie. Min.20 (1-2), Cala. Min. 29 (1-3), Malaguti. Min. 35 (2-3), Juan Cruz. Min.36 (3-3), Juan Cruz. Min. 37 (3-4), Cala. Min.40 (3-5), Charlie.

INCIDENCIAS: Pavillón da Fraga. Partido correspondente á primeira xornada de Liga. Uns 200 espectadores. Antes do comezo do encontro, fíxoselles un homenaxe aos ex xogadores do club, o porteiro Iván e o xogador de pista Púas, que se retiraron este ano.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Comentarios