As Pontes

A CodeWeek chega a As Pontes grazas a Amigus Labs

Durante esta semana, están a realizarse miles de actividades en todo o mundo pola Code Week, é unha iniciativa de base que ten como obxectivo levar a codificación e a alfabetización dixital a todos dunha maneira divertida e atractiva. Nas Pontes a cita será o vindeiro 14 de outubro na Amigus Labs.

217

Hoxe vivimos nun mundo que foi afectado polos rápidos avances tecnolóxicos. A forma en que traballamos, comunicámonos, facemos compras e pensamos cambiou dramaticamente. Para facer fronte a estes cambios rápidos e dar sentido ao mundo que nos rodea, necesitamos non só desenvolver a nosa comprensión de como funciona a tecnoloxía, senón tamén desenvolver habilidades e capacidades que nos axuden a adaptarnos a vivir nesta nova era.

Aprender a programar axúdanos a entender como funcionan as cousas, a explorar ideas e a facer cousas, tanto para o traballo como para o xogo. O que é máis, axúdanos a liberar a nosa creatividade e traballar en colaboración con xente marabillosa tanto preto de nós como de todo o mundo.

O vindeiro 14 de outubro, no Lar de Endesa en As Pontes, terá lugar unha nova xornada de traballo de Amigus Labs, neste caso dedicado a creación dunha das máquinas con que se dotará noso Fab Lab, o pantógrafo CNC.

Á súa vez, activaremos a nosa zona de impresión 3d, onde poderás coñecer a fondo como construír a túa propia impresora, que materias se precisan, como funciona, como preparar os modelos 3d para imprimir…

Os máis pequenos tamén terán o seu espazo, cunha zona Amigus Labs Kids, onde poderán asistir a un curso de micro soldadura con estaño e programación, para crear por si mesmos coches autónomos.

Para participar neste evento enmarcado dentro da Code Week é necesario inscribirse o email amigus@amiguslabs.org

Máis información en http://events.codeweek.eu/view/143440/amigus-labs/ e http://www.amiguslabs.org

Amigus Labs é un proxecto da Asociación Informática Amigus.

O noso obxectivo é achegar posibilidades novas cada día, e facémolo poñendo en contacto persoas, ideas e proxectos, e facilitando o acceso a tecnoloxía e recursos.

Amigus Labs está formada por persoas curiosas e con ganas de aprender nun entorno de traballo amigable. Con acceso á tecnoloxía e compañeiros que nos axudarán na nosa aprendizaxe e con ese proxecto que tes en mente, que sabes que pode facerse, pero que agora non sabes como.

Amigus Labs é un proxecto en fase de desenvolvemento para a creación dun Laboratorio de Arte e Creación Dixital. Nestes espazos os deseños realizados por computador pódense materializar en obxectos reais.

O proxecto centrarase na creación dun espazo de traballo comunitario para fomentar o uso e o coñecemento da fabricación dixital e as novas tecnoloxías.

Amigus Labs poñerá a disposición de todos os cidadáns coñecementos e máquinas de precisión controladas por computador para poder realizar e desenvolver as súas ideas. Descubrirás o fácil que é chegar a usar as novas tecnoloxías para fabricar case calquera cousa, a través dun programa educativo de sensibilización que comprende talleres, actividades e cursos de capacitación relacionados coa arte e creación dixital.

Desde a cultura ‘open source’, baseada no concepto de compartir o coñecemento e fomentar o intercambio aberto de ideas. Queremos crear un impacto social e tecnolóxico a escala local empoderando aos cidadáns de As Pontes e comarca a través do uso de novas tecnoloxías, a reciclaxe e a creatividade.

O noso obxectivo é converternos nunha ferramenta educativa e creativa aberta para todos os públicos, a través dun espírito baseado na colaboración, o deseño e o coñecemento compartido.

Amigus Labs é un proxecto en fase de procura de colaboradores e financiamento, que nos permita dispoñer dun espazo físico entendido como espazo de traballo, estudo e desenvolvemento de proxectos.

Comentarios