As Pontes

Nota de prensa do BNG: A Residencia Xeriátrica

Voceiro de outubro do BNG Local

607

Un exemplo claro da inutilidade deste Goberno local do Psoe é a falta absoluta de realizacións en infraestruturas ou dotacións, en dez anos todo o seu esforzo foi para festas e adoquinados; cando se lle propuxo algunha actuación concreta sempre deron desculpas para non facela.

Temos o caso concreto da Residencia Xeriátrica, que estivo incluída entre as obras propostas a financiar polo Plan do Carbón 2006-2012, pero pasou o Plan e nas Pontes non se investiu nin un só euro, somos o único concello mineiro do Estado onde pasou isto.

No concello de Cerceda (A Coruña), tamén gobernado polo Psoe, e con dereito ás axudas do Plan do Carbón, é dicir, nas mesmas condicións que o concello de As Pontes, conseguiron 2 millóns de euros para o financiamento dunha Residencia Xeriátrica e un Centro de Día (pódese ver nas fotos deste voceiro), e, posteriormente, negociaron coa Xunta para que se fixese cargo da súa xestión.

Esta Residencia pública, que xa está operativa, ten 22 prazas e o concello de Cerceda ten que pagar 2.500 euros/ano por cada persoa usuaria que sexa do Concello.

A pregunta é evidente: se en Cerceda conseguiron este investimento, por que o concello das Pontes non ten Residencia Xeriátrica? 

A resposta é ben fácil, foi por abandono e por que non está nas súas prioridades.

Cando se lles pregunta nos plenos afirman que xa teñen un proxecto, pero que agora van negociar con Endesa a compra do antigo Hospitalillo, semella que no último convenio con Endesa “esqueceron” a súa cesión; pero mentres en Cerceda xa desfrutan deste servizo público que ademais xera emprego directo, nas Pontes teremos que agardar; e canto tempo máis?.

Ao mellor, entre festa e festa, teñen algún día tempo para preocuparse por este tema.

Residencia xeriátrica e centro de día de Cerceda 

Comentarios