As Pontes

Amigus Labs • Industria 4.0

Durante o pasado sábado 14 de outubro, argalleiros de toda Galicia participaron na fabricación do pantógrafo CNC do Fab Lab pontes.

633

A Lar de Endesa, acolleu este sábado unha nova xornada de traballo de Amigus Labs, dedicado a creación dunha das máquinas con que se dotará noso Fab Lab, o pantógrafo CNC, así como a impresión 3D e o arte dixital.

Na zona de impresión 3D, ademaís de explicar e aprender a deseñar e producir innumerables pezas, ou ver distintos aplicacións de materiais e como usalos en numerosos sectores da nosa sociedade. Mentres algúns remataban de montar as suas impresoras, tivemos tempo para axustar as impresoras e ver como conseguir mellores calidades.

A zona que xerou máis interes para os argalleiros foi a de montaxe do pantógrafo CNC, onde todos puideron botar unha man na montaxe e descrubir os compoñentes e materiais para fabricar un e como funciona. Aínda que non fomos capaces de acabalo nas 8 horas que durou o taller, xa quedou lista para acabar de montar toda a electrónica, o que tentaremos facer o vindeiro sábado.

Os máis pequenos tamén tiveron o seu espazo, na zona Amigus Labs Kids, onde mediante Raspberry Pi´s con OS Kano poideron aprender a debuxar mediante programación, programaron con Scratch ou aprenderon a manipular imaxes co Gimp, ademáis de usar o Minecraft e a zona retro.

Unha vez máis queremos agradecer a todos os que asistiron o obradoiro, e en especial a Alvaro Rey de MakerGal por compartir altruistamente os seus coñecementos connosco e a todos os que se desplazarón ata As Pontes.

Desde Amigus Labs queremos agradecer a todas as entidades colaboradoras e á súa implicación día a día no proxecto: Concello das Pontes, COHEMPO, ENDESA, EuroEume, Nauta, No Ping, Nodo Dixital, Triade, Severiano Agrocomercial, Escourido Asociados, Clip Carbono, Ferretería Marcos, Lujo, Matojoma, You can school of English, Fitter, Pontesa Marmoles y granitos, Desguaces Vilabella, Óptica Carmela, Galiorient, Servicio Móvil, Areco, Panadería San José, Fotografía Fabian, Don Dino, CONPLC, IcoEume, Preludio Musical, Arprosa, Radio Eter.

Fotos cortesía de Nando e Luischo

También podría gustarte
Comentarios