As Pontes

ENTREGA DE PREMIOS “SABOREA AS PONTES ” 2017

A novena edición do noso concurso local de tapas deixaba como gañadores ó Bar Trastoy III no voto popular e ó tamén Bar La botellería na cualificación que outorgaba o xurado.

250

Onte mesmo, a Concelleira de Comercio e Turismo, Ana Pena, presidía nas instalacións do mercado, unha entrega na que tamén estiveron José Rodríguez, presidente de Cohempo, e dous dos tres membros do xurado profesional que debutaba este ano.

Ademais entregáronse tamén os premios ós veciños e veciñas que resultaron gañadores no sorteo entre as papeletas de voto emitidas.

Foron Iván Fernández, Héctor Fachal, Esther Ramos, Marcos Fernández, Ángeles Gabeiras, Constantino Prieto, María José Alonso, Beatriz Giovanna, e Diego Prieto.

Na gala de entrega de onte agradecíase a participación tanto de hostaleiros como da poboación en xeral, unha vez máis volcados nesta nova convocatoria que volvía batir records, e por parte do Concello entregábanse unhas placas de recordo a todos os locais participantes, que recibiron as felicitacións de organización e xurado.

Nova cortesía de Raimundo Carballo Fonte Concello de As Pontes

También podría gustarte
Comentarios