As Pontes

CINEMAS DE GALICIA: ELLE

Hoxe venres 3 de novembro ás 21:00h na Casa Dopeso proxectase o filme ELLE, do convenio con Cinemas de Galicia.

11

CINE: ELLE (CINEMAS DE GALICIA)
Director: Paul Verhoeven
Produtores: Said Ben Said, Michel Merkt
Con Isabelle Huppert, Laurent Lafitte, Charles Berling
Mirada completamente corrosiva aos caprichos do desexo. Michèle Leblanc é unha muller indestrutible. De forte personalidade e cun gran carácter para afrontar a realidade, as cousas cambian, non obstante, cando é asaltada e violada por un individuo no salón da súa casa. Despois dese incidente, Michelle decide non chamar a policía e continuar coa súa vida como si non tivera ocurrido nada, pero sempre con medo de que aquel individuo puidese regresar.
Festivais e premios
Nomeada á mellor actriz. Premios Óscar 2016. Estados Unidos
Premio á mellor actriz dramática e á mellor película de fala non inglesa. Globos de Ouro 2016. Estados Unidos
Premio á mellor actriz e á mellor película. Premios César (Academia do Cine Francés) 2016. Francia
Thriller, drama · 130 minutos · 2016 · Francia · Maiores 16 anos
Casa Dopeso: 21:00 h

Nova cortesía do departamento de Cultura/OMIX – Concello das Pontes

También podría gustarte
Comentarios