As Pontes

O ESTEO FUTBOL SALA

O equipo pontés de fútbol sala xoga este sábado o derbi contra o Cidade de Narón

22

O equipo pontés de fútbol sala do Esteo xoga este sábado ás 18:00 o seu sétimo encontro ligueiro, recibindo ó Cidade de Narón, ex equipo da Segunda División, que é sétimo con 9 puntos.

O Esteo deu un paso atrás a pasada semana, tras caer 5-3 ante o Ventorrillo, que só levaba un punto, e agora é décimo con 6 puntos, empatado con Leis e Xove, dous por riba dos coruñeses e tres máis que o colista Unión Arroyo, polo que deberá tentar sumar neste complicado encontro.

SEGUNDA DIVISIÓN B (7ª xornada)
O ESTEO F.S. – CIDADE DE NARÓN
Sábado 4 – Novembro – 2017 (18:00)
Pavillón Municipal da Fraga (As Pontes)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios