As Pontes

RESULTADOS CD AS PONTES FIN DE SEMANA 3-4-5 NOVEMBRO

Vitorias de Xuvenil, Cadete, Infantil, Alevín A e Prebenxamín A. O xuvenil e o cadete xogarán a semifinal de Copa, da que queda fóra o infantil por goal average.

125

FEMININO
SDC A CAPELA-CD AS PONTES (2-2)

Empate do equipo feminino, ó que lle remontaron un 0-2, í é que polas de Julio Montero anotaron Yoli e Paula Baamonde, pero María e Alicia estableceron a igualada definitiva.

Oitavas con 14 puntos, reciben ó Racing de Ferrol na vindeira xornada. Xogaron Leti, Yoli, Andrea, Carolina Paz, Noelia, Nerea, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara, Lucía e Uxía.

XUVENIL
CCRD PERLÍO-CD AS PONTES (0-6)

Inmaculada primeira fase do equipo xuvenil que onte goleou no derradeiro partido ó Perlío por 0-6. O encontro xa quedaba sentenciado ó descanso co 0-4. Tres tantos de Sergio Cazás, dous de Óscar Calvo e un de Andrés Pita.

Líderes con 30 puntos, e aá espera do que faga este domingo Maniños (21) contra Narón A (22) para saber quen é o outro semifinalista, o que xa se coñece é que no outro grupo os dous clasificados son Eume Deportivo (24) e Portuarios (21).

Xogaron Meidán, Fraga, Alex Barro, Pablo, Breijo, Vilela, Óscar, Chema, Cazás, Dani, Pita, e despois Bruno, Xose, Carlos e Cristian.

CADETE
CD AS PONTES-SDCR NARÓN O FREIXO (13-0)

O cadete pontés goleou 13-0 ó Narón O Freixo, e clasificou a semifinais como segundo de grupo. Líder con pleno de vitorias Ánimas, 33 puntos, e empatados a 27 As Pontes e San Pedro, con +53 para os ponteses e +37 para os ferroláns. No outro grupo clasificaron Amistade de Meirás (27) e Eume Deportivo (22).

Os de Rubén pardo conclúen segundos con unha gran traxectoria de 9 vitorias e 2 derrotas. No encontro do sábado xogaron Andrei, Eyob, Xavi (1), Alejandro, Antonio, Nono (1), Jandro (1), Santi (2), Vicente (3), Xan, Joan (4), e despois Juan, Adrián, Eloy, Iván e Mohamed (1).

INFANTIL
SD RÁPIDO DE NEDA-CD AS PONTES (3-4)

Vitoria do infantil no derradeiro encontro do grupo 3-4 ante o Rápido de Neda ó que conseguiu remontar un 2-0 e 3-1, con tres tantos nos últimos 15 minutos.

O equipo de Rivas conclúe esta fase previa nunha magnífica segunda posición con 21 puntos, tras sete vitorias e unha soa derrota, a pesar de non conseguir clasificar a semifinais como mellor segundo dos tres grupos.

Clasifican os tres campións de grupo, Portuarios, Narón A, e Racing de Ferrol B, e como os tres segundos clasificados suman 21 puntos, clasifica como mellor terceiro o Galicia de Caranza B, que ten +44, por +39 do Eume e +22 do As Pontes.

Xogaron Francisco, Íker, Xose, Anxo, Samuel, Mario, Xoel (2), Hugo, Ángel (1), Iago (1), Luis, Pablo, Alejandro, Billal, David e Mateo.

ALEVÍN
CD AS PONTES A-EFR RACING DE FERROL B (6-1)
MEIRÁS CF A-CD AS PONTES B (6-0)

O Alevín A gañou 6-1 ó Racing de Ferrol B, e terceiros con 19 puntos, visitan ó Meirás B, antepenúltimo con 4. Tantos de Anxo Blanco, Alexo Platas, Xandre Fernández, Israel varela, Destaw Pellón e Carlos Villasuso. O Alevín B pola súa parte perdeu 6-0 ante o Meirás A, e con tres puntos reciben ó Portuarios B, cuarto.

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-ÁNIMAS SCDR (0-1)
CEDEIRA SD-CD AS PONTES B (6-6)

Derrota do Benxamín A 0-1 ante o Ánimas, que se sitúa segundo con 19 puntos, e terceiros con 16 visitan ó líder con 21 Galicia de Caranza B. Empate 6-6 do Benxamín B en Cedeira, con catro goles de Xandre Domínguez e un de Nacho Villasuso e Xalo Cebreiro, e sextos con 7 puntos, reciben ó San Sadurniño, que ten 3.

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-CULTURAL MANIÑOS SD (16-0)
FC ORTIGUEIRA-CD AS PONTES B (10-0)

O Prebenxamín A gañou 16-0 á Cultural Maniños, tantos de Xoel Galego (4), David Otero (3), Íker Díaz (2), Mario Lozano (2), Aarón Gómez, Martín Laherrán, Xalo Cascudo, Mario Gabeiras e un en propia meta. Segundos con 15 puntos, visitan ó líder Ánimas, que ten 16. Derrota do Prebenxamín B 10-0 en Ortigueira e antepenúltimos con 3 puntos reciben ó Rápido de Neda, terceiro con 10.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios