As Pontes

LIGA DE VETERANOS AS PONTES 2017-18

O Mav Abogados continúa de líder, seguido a tres puntos por Muebles Eume

130

Sexta xornada da Liga de Veteranos e o líder Mav Abogados segue asentando a súa primeira posición. Esta fin de semana gañou 4-0 a As Pontes 74, e o seu perseguidor Muebles Eume venceu 3-1 a Galiorient.

Mav Abogados suma 18 puntos, por 15 de Muebles Eume e 12 de La Galaxia. A Cepa ten 10, e 9 Bar Jardín-Lecar 712 e Galiorient. Con 6 está MMYPEN, 4 teñen As Pontes 74 e Farmavida, e 1 Electricidad J&O.

Na táboa de goleadores segue mandando Tomás (Galiorient) con 7 goles, pero seguido de preto por Juan Diego (Mav Abogados), Juan (La Galaxia) e Kibu (Muebles Eume), que suman 6.

6ª XORNADA

As Pontes 74-MAV Abogados (0-4) (Juanjo 3, Soto)
La Galaxia-Electricidad J&O (2-1) (Juan, Sergio / Alberto)
A Cepa-Farmavida (2-1) (Piña, Fernández / Manolo)
Bar Jardín Lecar 712- MMYPEN (3-0) (Iván 2, Felipe)
Muebles Eume-Galiorient (3-1) (Kibu 2, Miguel / Juan)

CALENDARIO 7ª XORNADA

11/11/2017 19:00h AS PONTES 74 – ELECTRICIDAD J&O
11/11/2017 20:00h MUEBLES EUME – A CEPA
12/11/2017 10:00h BAR JARDÍN – MAV ABOGADOS
12/11/2017 11:00h MMYPEM – GALIORIENT
12/11/2017 12:00h FARMAVIDA – LA GALAXIA

Nova cortesía de Xose Ferreiro e Tino Prieto

También podría gustarte
Comentarios