Liga Local de Futbol Sala

Tres son os equipos que se colocan a fronte da clasificación xeral provisional empatados a seis puntos logo das dúas xornadas que van de disputadas de campeonato.

114

Despois de disputada a segunda xornada da presente tempada na Liga Local de Futbol Sala de As Pontes, tres son os equipos que se colocan a fronte da clasificación xeral provisional empatados a seis puntos logo das dúas xornadas que van de disputadas de campeonato.

Trátase do Novostylo Peluqueros que no partido inagural da xornada gañaba con solvencia ao UB2 Group-Pub Plaza por contundente 6-1.

O Colormix tamen gañou comodamente o seu encontro ante o Pub Mania-Las Torres xa que estes últimos presentaronse con cinco xogadores co infortunio de que se lles lesionou un xogador ao pouco de comezar o encontro e cando ian apenas cinco minutos disputados e o marcador reflexaba un claro 4-0 a prol do Colormix o Pub Mania – Las Torres decidiu retirarse.

O terceiro equipo con seis puntos é o Ribadeume Futsal que nun encontro emocionante e igualado conseguiu derrotar ao Andaina-Centro Futbol por 3-2.

Nos outros dous encontros da xornada A Cova dos Trasnos tras descansar a primiera xornada gañaba no seu debut, esta tempada, a os Tritós-Desguaces Vilabella por 5 goles a 1 e Husse-Barbarroja facía o mesmo derrotando ao Matojoma UB2 F.S. por un resultado de 6 goles 1.

En canto á clasificación de máximo goleador da Liga, Alberto do Colormix colocouse na primeira posición con catro goles seguido de doce xogadores con dous tantos cada un.

LIGA LOCAL DE F.S. AS PONTES TEMPORADA 2017/2018

XORNADA Nº 2

6 NOVOSTYLO PELUQUEROS UB2 GROUP – PUB PLAZA 1
0 PUB MANIA – LAS TORRES COLORMIX 4
2 ANDAINA – CENTRO FUTBOL RIBADEUME FUTSAL 3
1 OS TRITÓS – DESGUACES VILABELLA A COVA DOS TRASNOS 5
1 MATOJOMA NG UB2 F.S. HUSSE – BARBARROJA 6
DESCANSA O ESTEO F.S. “B”

CLASIFICACIÓN

POSTO EQUIPOS PX PG PE PP GF GC PUNTOS
NOVOSTYLO PELUQUEROS 2 2 0 0 8 2 6
COLORMIX 2 2 0 0 5 0 6
RIBADEUME FUTSAL 2 2 0 0 5 3 6
HUSSE – BARBARROJA 2 1 0 1 6 2 3
A COVA DOS TRASNOS 1 1 0 0 5 1 3
O ESTEO F.S. “B” 1 1 0 0 5 2 3
ANDAINA – CENTRO FUTBOL 2 0 0 1 7 6 3
OS TRITÓS – DESGUACES VILABELLA 2 0 0 2 2 6 0
PUB MANIA – LAS TORRES 2 0 0 2 1 6 0
10º UB2 GROUP – PUB PLAZA 2 0 0 2 3 9 0
11º MATOJOMA – UB2 F.S. 2 0 0 2 3 11 0

GOLEADORES

ALBERTO (COLORMIX) 4 Goles
PAULO (NOVOSTYLO PELUQUEROS) 2 Goles
DANIEL (NOVOSTYLO PELUQUEROS) 2 Goles
HÉCTOR (RIBADEUME FUTSAL) 2 Goles
JUAN (HUSSE – BARBARROJA) 2 Goles
JULEO (HUSSE – BARBARROJA) 2 Goles
TOMÁS (A COVA DOS TRASNOS) 2 Goles
IVÁN FERREIRO (A COVA DOS TRASNOS) 2 Goles
XALO (O ESTEO F.S.) 2 Goles
FELIPE (ANDAINA – CENTRO FUTBOL) 2 Goles
ROI (ANDAINA – CENTRO FUTBOL) 2 Goles
ANXO (ANDAINA – CENTRO FUTBOL) 2 Goles
ALEJANDRO (UB2 GROUP – PUB PLAZA) 2 Goles

Nova cortesía de Moisés Fernández

También podría gustarte
Comentarios