As Pontes

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: PIZARRAS LOS TRES CUÑADOS-O ESTEO FS (5-1)

O Esteo é antepenúltimo antes de recibir a un rival directo coma o Leis de Pontevedra

50

O Esteo pontés de fútbol sala perdeu na súa visita ao Barco de Valdeorras co Pizarras Los Tres Cuñados, terceiro clasificado e que levaba catro vitorias consecutivas, por 5-1.

Adiantáronse os locais cun solitario tanto antes do descanso, e outro de Dilin no segundo poñía o 2-0 no marcador, e aínda que Martín recurtaba distancias, nos últimos minutos os ourensáns puxeron terra de por medio cos tantos de Juanma e Bruno (2).

O equipo pontés apenas pode afrontar os derradeiros encontros con 7 ou 8 xogadores, co que os rivais, que contan con máis efectivos, acabanse impoñendo co paso dos minutos.

O esteos xa é antepenúltimo con sete puntos polo que necesita gañar este próximo sábado a un rival directo como é o Leis de Pontevedra, que ten os mesmos puntos.

FICHA DO PARTIDO

PIZARRAS LOS TRES CUÑADOS: Maelo, Dilin, Bruno, David, Durán – cinco inicial – Juanma, Javi, Corzo, Cris, Josiño.

O ESTEO FS: Javichu, Martín, Héctor, Rober Paz, Dani – cinco inicial – Gago, Pellón e Andi.

ÁRBITROS: Vilas López, Menéndez Nistal, Doval Rodríguez. Amarelas a Javi, Rober Paz, Gago e Dani.

GOLES: Min. 18 (1-0), Rober Paz (pp). Min. 26 (2-0), Dilin. Min.27 (2-1), Martín. Min. 28 (3-1), Juanma. Min.34 (4-1), Bruno. Min. 35 (5-1), Bruno.

INCIDENCIAS: Pavillón de Calabagueiros. Uns 200 espectadores

RESULTADOS EQUIPOS DE BASE – LIGA DA TERRA CHÁ –
Cadete. Pastoriza-O Esteo (2-2)
Infantil. Begonte B-O Esteo B (3-1)
Infantil. Pastoriza-O Esteo A (6-8)
Alevín. Begonte-O Esteo (0-6)
Benxamín. Begonte-O Esteo (7-3)
Prebenxamín. Begonte-O Esteo (1-1)

Nova cortesía de Moisés Fernández e Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios