As Pontes

Liga Local de Futbol Sala

O pasado domingo xogouse a terceira xornada da presente tempada na Liga Local de As Pontes.

56

Unha xornada na que a atención estaba posta no encontro derradeiro encontro da xornada no que se enfrontaban o Ribadeume Futsal e o NovoStylo Peluqueros encontro que se decidiu a prol destes últimos por 0-2, merecendo o Ribadeume maior premio xa que enviou varios remates aos paos durante o encontro.

O NovoStylo Peluqueros comparte o liderato có Colormix que gañaou o seu encontro despois de remontar un marcador que ao descanso mostraba un 0-2 a favor de Andaina-Centro Futbol pero na segunda parte o Colormix foi moi superior e acabou goleando ao seu rival deixando o marcador en 5-2.
Abriron a xornada A Cova dos Trasnos e o UB2 Group-Pub Plaza onde A Cova dos Trasnos, a pesar de ser favorito a conseguir a victoria case se vé sorprendido por un UB2 Group-Pub Plaza que realizou un bon encontro pero a veteranía nos minutos finais dos da Cova fixo que o marcador final reflexara un 3-1 a favor destes últimos.

A continuación medironse O Esteo F.S. e os Tritós-Desguaces Vilabella onde os dous equipos buscaban a victoria para non quedar descolgados dos primeiros postos e o que consiguiu levarse a victoria foi o equipo de Os Tritós-Desguaces Vilabella por un marcador final de 2 goles a 6 inagurando así o seu casilleiro de puntos.

No encontro das seis da tarde cumplironse os pronósticos e o Husse-Barbarroja derrotou ao Pub Mania-Las torres por 3 goles a 2 nun choque mais igualado do esperado.

En canto á clasificación goleadores Alberto do Colormix encabeza a táboa xunto a Tomás de A Cova dos Trasnos ambolos dous con catro tantos.

Nova cortesía de Moisés Fernández

También podría gustarte
Comentarios