As Pontes

“Varitas máxicas” por Alberto Pellón

Artigo de opinión enviado por Alberto Pellón, concelleiro de Xuntos por As Pontes

171

Cando dende o noso grupo politico insistimos en que As Pontes precisa urxentemente un cambio de politica non é porque consideremos que o pobo este ou sexa feo , porque haxa un resentimento ou por que non apreciamos a vila por calquera das razóns que se esgrimen habitualmente contra nós.

Cando falamos de desenvolvemento do noso concello , non podemos permitirnos falar tan só de obras , adoquins, celebracións e demáis todos coñecedes a situación actual asique e despois de aguantar durante dous anos a mesma cantinela de “a todos nos gustaria non ai unha varita máxica para xerar emprego”.
E despois de que se me dixera que vou a pechar a central térmica e que bonito falar de emprego sen aportar ….vou decir o que penso.

Para poñer un pouco en contexto as cousas de As Pontes .

Nos anos 1950 e 1960 a empresa nacional ENCASO foi a responsable da construción dunha central térmica de 32 MW e dunha fábrica de fertilizantes, así como do comezo da explotación da mina de lignito e a construción do Encoro da Ribeira. Isto supuxo un aumento considerable da poboación por mor da necesidade de man de obra, e a creación do poboado das Veigas para a asignación de vivendas aos traballadores.
A comezos da década de 1970 Endesa comezou a construción da súa Central térmica das Pontes de 1400 mW, que xunto a explotación da mina de lignito marcou o desenvolvemento industrial do concello durante a segunda metade do século XX, ademais de influír no desenvolvemento urbanístico da vila coa creación de varios novos poboados como os da Magdalena, Anguieiro, Barreiro e o da Fraga.

No ano 1982 anexionáronse ó concello as 6 parroquias máis próximas do concello da Capela (Espiñaredo, Goente, Ribadeume, Bermui, A Faeira, San Pedro de Eume e O Seixo), feito que contribuíu xunto á construción da central térmica a que o concello acadase o seu punto de maior expansión territorial e maior poboación.

Dende entón o concello sufríu un declive industrial e poboacional, particularmente destacado tralo peche da mina de carbón por parte de Endesa no ano 2008.

Este declive parte do peche da explotación mineira , máis tamén e responsabilidade dos que durante a propia explotación da mesma , non foron capaces de construir algo con fondos do plan miner que cando se producise o cese de actividade proporcionase estabilidade e emprego para que a xente quedase a facer a súa vida nas Pontes.

Todos coñecemos o noso pasado, agora falemos de presente.

Estan a centrar nunha reconversión turística e de servizos, de turismo industrial , un concepto que esta ben , pero que esta deixando de lado algo para min e que no contexto socioeconómico actual de crise é prioritario.

O asentamento de novas empresas , a día de hoxe , só existe unha parcela de 11.000 m² dispoñible para novos asentamentos empresariais e moitas das parcelas xa construidas estan sen actividade , e obvio que as empresas non teñen doado asentar o seu proxecto aqui con estas características de chan industrial o que conleva que non se podan atraer novas e fortes inversións , tampouco parece haber moitas ganas de revertir ese chan en desuso para reindustrializar

Isto , que para min , deberia de ser prioritario , non recibe máis resposta que “NON TEMOS UNHA VARIÑA ,MAXICA para crear emprego” “a todos nos gustaria xerar emprego” “non facedes ningunha proposta ” Cando todos os grupos e digo todos coincidindo neste caso co PP do cal non son sospeitoso para nada de coincidir nas súas ideas neste caso si estamos de acordo, as respostas durante dous anos son deste estilo o que e frustrante.

Tamen me gustaria desmentir que calquer forza política estatal quixese “cerrar” a central térmica. Como sabedes a politica de emisións de C O2 , levase dende a comunidade europea e e ai donde se toman as decisións claves para o sector , polo tanto , ningún político , e menos de índole local pode botar o peche a unha termica , ten que ser a Comunidade Europea. Preocupame como todo o mundo que e de aqui porque e digo algo que non saiu de min que escoitei a xente , “se pechan a térmica isto convirtese nunha aldea”.

Pois desgraciadamente ,non ai nada previsto si esas directivas europeas pechan as térmicas e apostan por outro modelo , escoitando o parlamento europeo , o señor Arias Cañete ,fala de 2020 como barreira.
Aqui ,vaise a facer unha transformación que nos da aire , para facer algo incluso máis alá , pero , me temo que so vai a ser, coma sempre , apoiarnos nos postos de emprego que xenere e esperar a seguinte.
A min pareceme algo errado ser dependente dunha sóa industria e, máis sendo contaminante cando e necesario reducir as emisións polo acuciante cambio climático o que non quere dicir que este contra a central, como intentan poñer de manifesto día tras día por un interés meramente político.

Tamen , se di que estamos en crise e que , o concello non pode xerar traballo , que o concello non e o encargado de dar traballo , que nos busquemos a vida etc… Tamén un conto moi oido cando sacas este tema nunha conversa. Máis existen exemplos que din o contrario a ese mantra , unha vez máis político e que demostran que a “inxenuidade ” que nos poñen cada vez que dicimos isto e unha falacia.

Considérase que por non ter competencias legais sobre a materia non pode facer nada, xa que en termos administrativos é a comunidade autónoma (XUNTA) a que ten transferidas as competencias. Competencias? Ao Goberno da XUNTA, para desgraza nosa, nin está, nin se lle espera. Está perdido, inoperante, bloqueado. É unha estrutura vella, crebada, chea de colesterol que vai á deriva dun Feijoo apoltronado.

Son moderadamente pesimista fronte á actitude inmovilista e pasiva dun goberno municipal que contempla a realidade como as vacas que ven pasar o tren. O cal non é motivo para que alleos a esta maneira burlesca de tratar á cidadanía, tratemos de idear, propoñer e innovar fórmulas que plateen alternativas que fomenten a xeración de emprego, fronte á principal secuela que sofren as persoas deste concello.

A continuación cito algunhas ideas que se poderían considerar para a xeración de emprego e iniciativas emprendedoras aplicables ao ámbito local e de xestión no ámbito municipal:

1) Cesión de chan rústico para o desenvolvemento de iniciativas empresariais con retorno social. Por exemplo , escolas para o fomento da agricultura ecolóxica, escolas de equitación, granxas escolas, escolas para adestramento de animais e sensibilización de propietarios, centros de rehabilitación animal…

2) Cesión gratuíta de locais públicos durante 2 anos (por exemplo) para a xeración de novas ideas de negocio.

3) Promoción do pago da cota de autónomos durante os dous primeiros anos. As empresas, do mesmo xeito que a agricultura, requiren dun tempo razoable para xerar algún beneficio. Descargar ás e os pequenos emprendedores podería ser unha axuda importante. Nada que ver cos seis meses ridículos do Goberno de España. Ou con unha aportación inicial para instalarse , cando o concello dispon de recursos.

4) Formación do comercio tradicional en novas tecnoloxías para orientar a súa oferta a novos e máis mercados nacionais e internacionais.

5) Reconversión de edificios en desuso como residencias de atención para persoas maiores. A través do investimento de partners e a contratación de persoas desempregadas.Traballo en equipo desde a cobertura de entidades sen ánimo de lucro como iniciativa de experiencias.

6) Reconversión de naves industriais en centros de traballo e investigación para persoas con discapacidade.

7) Xeración de accións que fomenten o acceso ao crédito. Na súa falta crear unha cooperativa social pública que dea acceso ao crédito.

Son ideas aplicadas nalgun caso e que están a dar resultado a administracións locais moito mais pequenas presupuestariamente e que estan a gañar poboación e a desenvolver un futuro para os seús veciños.

Por tanto, a diferenza do que en ocasións pódese chegar a pensar, existe un amplo abanico de opcións aplicables ao contexto local dun municipio no que as administracións locais teñen moito que achegar.

En ocasións os canons establecidos, a burocracia ou as rutinas nas organizacións impídennos ver con perspectiva, con imaxinación ou cun mínimo de creatividade para poder levar ás práctica ideas, que agora máis que nunca urxen para dar solucións aos problemas das persoas. A perseveranza, o tesón e a imaxinación serán os nosos mellores aliados .

“O futuro será o que queiramos que sexa”

As Pontes
13-11-2017

También podría gustarte
Comentarios