As Pontes

Liga local de fútbol sala

O vindeiro domingo 19 de Novembro terá lugar a disputa da cuarta xornada da Liga Local de Futbol Sala.

44

Unha xornada na que toda a atención estará posta no encontro das seis da tarde no que se enfrontan os dous primeiros da táboa clasificatoria. Tratase do Novostylo Peluqueros e o Colormix, dous conxuntos empatados a todo que tentaran desfacer dito empate e colocarse en solitario ao fronte da táboa clasificatoria.

Abrirán a xornada, ás catro da tarde o UB2 Group-Pub Plaza e o O Esteo F.S. “B” nun encontro que se prevee moi igualado entre dous conxuntos que aspiran a estar mais arriba na clasificación.

A continuación Husse-Barbarroja e Andaina-Centro Futbol mediranse nun encontro no que o Husse-Barbarroja tentará buscar a victoria para seguir enganchado aos postos cabeceiros da clasificación pola contra o Andaina-Centro Futbol buscará unha victoria que lle permita escalar postos na táboa.

No encontro das sete da tarde A Cova dos Trasnos parte lixeiramente como favorito a conseguir a victoria ante o Ribadeume Futsal, ámbolos dous conxuntos están empatados a seis puntos pero os da Cova teñen un partido menos xa que descansaron na primeira xornada.

Cerraran a xornada o Pub Mania-Las Torres e o Matojoma NG UB2 F.S. nun encontro no que ámbolos dous conxuntos buscaran inagurar o seu casilleiro de puntos.

A continuación deixamosvos horarios dos emparellamentos desta Cuarta xornada:

16:00 h. UB2 GROUP-PUB PLAZA – O ESTEO F.S. “B”
17:00 h. HUSSE-BARBARROJA – ANDAINA-CENTRO FUTBOL
18:00 h. NOVOSTYLO PELUQUEROS – COLORMIX
19:00 h. A COVA DOS TRASNOS – RIBADEUME FUTSAL
20:00 h. PUB MANIA-LAS TORRES – MATOJOMA NG UB2 F.S.
DESCANSA – OS TRITÓS-DESGUACES VILABELLA

Nova cortesía de Moisés Fernandez

También podría gustarte
Comentarios