As Pontes

Nota de prensa XPAP: Eva Solla estará mañá en As Pontes interesándose pola situación sanitaria na nosa vila

Achegarase ás 10:30h da mañá ata o noso local. Informará das accións levadas a cabo dende En Marea no Parlamento e recollerá as propostas da veciñanza.

28

Mañá xoves 23 de novembro a diputada de En Marea e responsable de sanidade, Eva Solla, achegarase ata As Pontes para informar das actuacións e iniciativas que En Marea está impulsando no Parlamento Galego no ámbito sanitario e para interesarse pola situación do noso centro de saúde local. Tamén recollerá as propostas e demandas da veciñanza en materia sanitaria e de servizos sociais.

Ás 10:30 h da mañá celebrarase unha xuntanza no local de Xunt@s por As Pontes (Avda da Coruña, número 13, baixo – fronte a biblioteca municipal).

Posteriormente, ás 11:30, ofreceranse declaracións aos medios.

Agardamos a vosa participación!

Máis información en www.xuntosporaspontes.com

También podría gustarte
Comentarios