As Pontes

RESULTADOS CD AS PONTES FIN DE SEMANA 2-3 DECEMBRO

O As Pontes sae indemne do campo do líder, traendo un punto. Vitorias de Xuvenil, Cadete e Infantil.

156

PREFERENTE
UD PAIOSACO-CD AS PONTES (0-0)

O As Pontes logrou un valioso empate na casa do líder Paiosaco, terreo onde só empatara anteriormente o Polvorín 2-2, e nesta xornada adversa máis ou menos salva os mobles co empate do Arzúa ante o Dumbría.

Iso si, os ponteses deben buscar a vitoria ante o Viveiro no partido inmediato, e sobre todo, ante o Arzúa no encontro incómodo que pon fin á primeira volta, dado que se xoga o día despois dos Reis Magos, e tentar arañar algún punto na visita ó Ribadeo de Poratti e Casanova, para encarar a segunda volta na mellor situación posible.

A día de hoxe lidera Paiosaco con 40 puntos, por 34 de Polvorín e 31 de Arzúa. 28 ten o As Pontes, por 27 do Castro, 26 do Ribadeo, e 25 de Ordes e Arteixo. Xogaron Paco, Criado, Alex, Rego, Dani, Martínez, Ramos, Bossa, Eloy, Fidi (Iglesias 73´), Pardo.

FEMININO
CCRD PERLÍO-CD AS PONTES (2-2)

O equipo feminino empatou 2-2 na súa visita a Fene. Adiantábanse con tanto de Paula Castro a pouco do comezo, pero Ainara e Antía poñían o 2-1 antes do descanso, resultado que igualou Paula Baamonde mediado o segundo período.

Son cuartas con 22 puntos antes de recibir ó Neda, décimo cuarto con 7 puntos. Xogaron Leti, Yoli, Indira, Noelia, Nerea, Xeila, Paula Castro, Paula Baamonde, Yara, Carolina Paz e Uxía.

XUVENIL
CD AS PONTES-SD RÁPIDO DE NEDA (7-1)

Goleada do Xuvenil pontés 7-1 ante o Rápido de Neda. Adiantábanse pronto os de Mieres con dous tantos consecutivos de Cristian e o lateral esquerdo Breijo, pero Martín recurtaba distancias.

Pero antes do descanso un tanto de chilena de Josiño e un segundo gol de Cristian, que empalou un balón morto, en boca de gol, deixaban case sentenciado o encontro ós 25 minutos.

Nos últimos minutos do segundo período, dous tantos de Oscar e un de Bruno poñían o 7-1 para un As Pontes que é terceiro con 6 puntos, empatado con Portuarios e Numancia e a tres dos líderes Narón A e Eume, que teñen un encontro máis.

A vindeira xornada visitan ó San Pedro A, sétimo con 3 puntos. Xogaron Meidán, Fraga, Breijo, Pablo, Bruno, Vilela, Óscar, Chema, Cristian, Xose e Andrés, entrando despois Carlos, Cazás, Dani e Derick.

CADETE
RACING SAN PEDRO-CD AS PONTES (2-3)

O Cadete pontés descansou nesta fin de semana, pero o xoves gañou 2-3 ó Racing San Pedro logrando a segunda vitoria.

Os de Rubén Pardo comezaron adiantándose cun 0-3, con tantos de Jandro e Vicente (2), pero un tanto en propia meta e outro de Miguel preto do final acurtaron o marcador.

Cuartos con seis puntos e un encontro menos, reciben ó Galicia de Mugardos, que aínda non puntuou. Xogaron Juan, Eloy, Xavi, Alejandro, Antonio, Eyob, Jandro, Santi, Vicente, Xan, Joan e despois Adrián, Andrei, Xoel Purriños e Xoel Pena.

INFANTIL
CD AS PONTES-SRD ÁNIMAS (8-1)

Goleada 8-1 do Infantil ante o Ánimas, dous tantos de Eloy Galdo e Samuel Seco, e un de Xoel Purriños, Luis Alejandro, Iago Expósito e Hugo Blanco.

Líderes con nove puntos, empatados con Racing de Ferrol B, Caranza B e O Val, visitan ó Miño, sexto con catro puntos.

Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Xose, Íker, Samuel, Mario Fraga, Xoel, Hugo Blanco, Diego, Jandro, Luis, Iago, Hugo Bouza, Ángel, Mateo e Sergio.

ALEVÍN
SCDR GALICIA DE CARANZA-CD AS PONTES A (3-2)
CD AS PONTES B-SD O VAL C (1-1)

O Alevín A iniciou o seu periplo na Liga dos mellores cunha derrota 3-2 ante o Galicia de Caranza, dous goles de Anxo Blanco, antes de recibir ó Mugardos B, que empatou 5-5 no seu debut ante O Val.

Empate 1-1 do Alevín B ante O Val C, tanto de Andrea Cruz, que marca por segunda semana consecutiva. Cun punto, visitan ó líder con seis, Perlío.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios