As Pontes

LIGA DE VETERANOS AS PONTES 2017-18

A segunda volta iniciouse con poucos goles, pero co mesmo pulso entre os dous primeiros clasificados.

153

Comezou a segunda volta da Liga de Veteranos, e segue a pelexa entre os dous primeiros clasificados. O Mav Abogados deu boa conta do colista Electricidad J & O, ó que gañou 4-0, e o Muebles Eume voltou a gañar axustadamente por segunda xornada consecutiva, neste caso 2-1 á MMYPEN, pero manten o litixio co líder.

Por outra banda, o empate de La Galaxia deixa, salvo hecatombe, o título en mans destes dous equipos. Mav Abogados suma 30 puntos e Muebles Eume 27. La Galaxia ten 19, A Cepa 17, Bar Jardín Lecar 712 e Galiorient 13. Farmavida sitúase con 10 puntos, por 7 de As Pontes 74, 6 de MMYPEN e 4 de Electricidad J&O.

Nesta xornada pouco goleadora, Kivo (Muebles Eume) e Juan (La Galaxia), subiron un peldaño con 12 tantos, seguidos por Fernández (A Cepa) e Tomás (Galiorient), que teñen 11. A vindeira xornada xogaráse dentro de dúas semanas.

RESULTADOS 10ª XORNADA
As Pontes 74-Farmavida (0-2) (José Luis, Rivas)
MAV Abogados-Electricidad J &O (4-0) (Iván F., Juan Diego, Rivas, Fornos)
MMYPEN-Muebles Eume (1-2)  (Pazos / Kivu, Oscar Dorado)
Galiorient-A Cepa (1-1) (Tomás / Piña)
La Galaxia-Bar Jardín (1-1) (Juan / Rubén p,p)
 
CALENDARIO 11ª XORNADA
16/12/2017 19:00 MAV ABOGADOS. – GALIORIENT
16/12/2017 20:00 ELECTRICIDAD J&O – MUEBLES EUME
17/12/2017 10:00 BAR JARDÍN – FARMAVIDA
17/12/2017 11:00 LA GALAXIA – A CEPA
17/12/2017 12:00 MMYPEM – AS PONTES 74

Nova cortesía de Xose Ferreiro e Tino Prieto

También podría gustarte
Comentarios