As Pontes

Liga Local de Futbol Sala de As Pontes 2017/2018

O pasado Domingo día 3 de Decembro disputouse a sexta xornada da Liga Local de Futbol Sala.

43

Unha xornada na que os equipos da cabeza da táboa non cederon polo que se manteñen nos mesmos postos. O único cambio que houbo na clasificación con respecto á xornada anterior foi o que protagonizou Os Tritós-Desguaces Vilabella que despois dun mal inicio de liga e tras tres vitorias consecutivas colocase no quinto posto empatado a puntos có Ribadeume Futsal que cumpleu a súa xornada de descanso. Nesta xornada os Tritós volveron golear desta vez ao UB2 Group-Pub Plaza por un contundente 8-0.

Ás cinco da tarde enfrontaronse o Pub Mania-Las Torres e o Novostylo Peluqueros onde estes últimos partían como favoritos para acadar os tres puntos e así foi gañando por 5-0.

A continuación A Cova dos Trasnos e o Husse-Barbarroja vironse as caras nun encontro no que os da Cova sufriron mais do previsto para derrotar a un bon Husse-Barbarroja que non puido cortar a racha negativa que arrastraba colleitando así a súa terceira derrota consecutiva. O Resultado final do encontro foi de 2-0 a prol de A Cova dos Trasnos.

Ás sete da tarde o Colormix venceu con contundencia a O Esteo F.S. “B” por 5 goles a 0. Un Colormix que segue lider tras un partido mais cómodo do esperado.

E para cerrar esta sexta xornada o colista, Matojoma N.G. UB2 F.S. perdeu ante o Andaina-Centro Futbol por 5-0 nun encontro moi trabado por mor da multide de faltas que houbo durante o tempo de xogo.

Nova cortesía de Moisés Fernández

También podría gustarte
Comentarios