As Pontes

PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 5-6-9 DECEMBRO

O As Pontes recibe o sábado ó Viveiro nunha semana na que os equipos do clube disputan un total de trece partidos.

97

O CD As Pontes recibe este sábado, ó Viveiro, na décimo sétima xornada de Liga, nun encontro especial para Bossa, Fidi, Kiko e Rego.

Ó equipo pontés, a pesar do gran resultado en Paiosaco, non lle queda outra que buscar os tres puntos ante o imprevisible conxunto viveirense, que ven de perder 0-2 co San Tirso, aínda que o equipo de Abegondo e de Álvaro Rey, que no seu día sorprendeu e moito ante o As Pontes, ven de gañar en Lugo, Betanzos e Viveiro, o que non é froito da casualidade.

Dito isto, e pese á décimo cuarta posición na táboa, o Viveiro sempre é un conxunto moi perigoso, e que este ano xa gañou a Ordes (3-1), Betanzos (5-2), Dumbría (5-1), Residencia (4-0), e na última visita conseguiu a súa primeira vitoria a domicilio ante o Sofán (1-2).

Logo deste encontro, os ponteses visitan ó equipazo do Ribadeo, así que mellor facelo co maior número de puntos no peto. Alex Meitín (6), Xenxo (5) e Jon Erik (4) son os máximos goleadores do cadro lucense e no cómputo de encontros oficiais no Poboado, once triunfos locais, por catro empates e catro derrotas.

Esta será unha semana moi competitiva, xa que a pesar dos dous días festivos hai un total de trece encontros, con protagonismo do Xuvenil e Cadete, que ademais do partido de Liga xogarán a ida das semifinais de Copa.

PREFERENTE
CD AS PONTES-VIVEIRO CF (SÁBADO 9, 17:00)

FEMININO
CD AS PONTES-SD RÁPIDO DE NEDA (SÁBADO 9, 16:00)

XUVENIL
SRD PORTUARIOS-CD AS PONTES (MÉRCORES 6, 16:15)
RACING SAN PEDRO “A”-CD AS PONTES (SÁBADO 9, 16:00)

CADETE
CD AS PONTES-EFB AMISTADE DE MEIRÁS (MÉRCORES 6, 16:00)
CD AS PONTES-SDC GALICIA DE MUGARDOS (SÁBADO 9, 11:00)

INFANTIL
AD MIÑO-CD AS PONTES (MARTES 5, 19:00)

ALEVÍN
CD AS PONTES A-SDC GALICIA DE MUGARDOS “B” (SÁBADO 9, 10:15)
CCRD PERLÍO-CD AS PONTES B (SÁBADO 9, 12:30)

BENXAMÍN
EF RACING DE FERROL-CD AS PONTES A (MARTES 5, 19:00)
CD AS PONTES B-CEDEIRA SD (SÁBADO 9,11:25)

PREBENXAMÍN
SCDR GALICIA DE CARANZA “B”-CD AS PONTES A (SÁBADO 9, 11:00)
CD AS PONTES B-CEDEIRA SD “B” (SÁBADO 9,12:35)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios