As Pontes

II Cross Vila de As Pontes

Pedro Osorio e Paula Mayobre foron os gañadores absolutos

631

No día de hoxe disputose na Carballeira da Fraga pontesa a segunda edición do Cross Vila de As Pontes, dende as 11 da mañá e con preto de 300 inscritos nas súas diversas categorías.

Nunha mañá moi fría pero soleada, celebrouse o evento amenizado polo speaker Xalo Maira, organizado polo Atletismo Olympo, coa colaboración do Concello de As Pontes e o patrocinio de Matojoma.

Os gañadores absolutos foron a gran atleta de Ares Paula Mayobre (Clínica Dental Seoane Pampín) e o prometedor ferrolán Pedro Osorio (Ría de Ferrol), aínda en idade xuvenil.

Segundos foron Maikel Rodríguez (Budiñoraid) e Inés Bereijo (Ría de Ferrol), e terceiros Antonio Teijido e Karola Bohme, ambos do Verxel.

Os mellores ponteses foron Esteban Díaz, que venceu nun apretado sprint ao eterno Minecho, e Laura Cabarcos, participando moitos atletas locais, entre outros moitos o subcampión mundial de Piraguismo Daniel Feijoo.

Na categoría xuvenil sub18 venceu Aldo Rey (Ría de Ferrol), seguido de Diego Martínez (Coruña Comarcas) e Samuel Dopico (Ría de Ferrol). Na categoría feminina o ouro foi para Alba Méndez (Sada), a prata para Valentina Araoz (Ría de Ferrol) e o bronce para a local Cristina Souto (Olympo).

Na proba cadete sub16 gañou Sara Bogo (Politécnico de Soria), secundada por Andrea López (Cedeira) e Ana Vallines (Lourenzá), mentres que nos rapaces triunfou Hugo Prida (Valdoviño), seguido dos locais Hugo Blanco (Instituto) e Antón García (Olympo).

En infantil Sub14 gañou Iván Rego (Atlética Lucense), secundado no podio por Ian Méndez (Lourenzá) e Jorge Sánchez (A Coruña). Nas féminas triunfou Carmen García (Lourenzá), seguida de Sheila Barro (Olympo) e Lara Ríos (Náutico Narón).

Na competición alevín sub12 o vencedor foi o pontés Destaw Pellón, seguido de Diego González (Ría de Ferrol) e Antonio Graña (Olympo), mentres que a vencedora feminina foi Aroa González (Atletismo Fene), acompañada por Henar Méndez (Lourenzá) e Alba Pena (Atletismo Narón).

Outro triunfo local prodúxose no benxamín Sub10, no que gañou Lucas Blanco (Colexio A Fraga), seguido de Xandre Domínguez (Olympo) e Miguel Real (Egovarros Viveiro). Nas cativas gañou a coruñesa Aitana López e segunda a pontesa Saleta Barro.

Ás 13:00 horas levouse a cabo a entrega de medallas, a cargo da gran Susana Castro e Tania Bellas, do Atletismo Olympo, o Campión Mundial de Kung Fu, Jose Rodríguez López “Cope”, de Matojoma, e a Concelleira Montserrat García Chavarría.

Ademais dos diversos metais, ós dous gañadores absolutos deuselles, xentileza de Panadería San José, un manteigado por cada kilo de peso, resultando 64 para Pedro Osorio e 58 para Paula Mayobre.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios