As Pontes

Liga Local de Futbol Sala

O vindeiro Domingo día 10 de Decembro disputarase no Pavillón Municipal de As Pontes a Sétima xornada da actual tempada na Liga Local de Futbol Sala.

35

Unha xornada marcada polo derbi parroquial entre un dos conxuntos debutantes esta tempada na liga Os Tritós-Desguaces Vilabella de Saa e o Ribadeume Futsal. Ámbolos dous equipos chegan a este encontro empatados a nove puntos e situados na zona media da táboa clasificatoria. Os Tritós buscaran a súa cuarta vitoria consecutiva mentras que o Ribadeume Futsal buscará seguir sumando despois de cumprir a súa xornada de descanso. O encontro que se disputará ás seis da tarde promete ser moi igualado e disputado.

A xornada abrirase as catro da tarde co enfrontamento entre o UB2 Group-Pub Plaza e o Matojoma NG UB2 F.S. penúltimo e último clasificados que buscaran inagurar o seu casilleiro de puntos despois de seis xornadas disputadas.

A continuación Pub Mania-Las Torres e A Cova dos Trasnos enfrontaranse nun encontro no que os de A Cova non deberían ter problemas para conseguir a vitoria. Vitoria que lles faría empatar co líder ata esta xornada, O Colormix, que lle toca cumprir a súa xornada de descanso.

O que tamén se pode aproveitar do descanso do líder e o Novovostylo Peluqueros que as sete da tarde medirase a un sempre duro e combativo Andaina-Centro Futbol. O Novostylo Peluqueros non debe fiarse da condición de favorito se non se quere ver sorprendido polos de A Capela.

Cerraran esta xornada o Husse-Barbarroja e o Esteo F.S. “B” nun encontro ao que ambos conxuntos chegan empatados a seis puntos na parte media-baixa da táboa clasificatoria e no que non ai un claro favorito a levarse a vitoria final neste partido.

A continuación deixámosvos cos horarios dos emparellamentos desta sétima xornada da Liga Local:

16:00 h. UB2 GROUP-PUB PLAZA – MATOJOMA NG UB2 F.S.
17:00 h. PUB MANIA-LAS TORRES – A COVA DOS TRASNOS
18:00 h. OS TRITÓS-DESGUACES VILABELLA – RIBADEUME FUTSAL
19:00 h. ANDAINA-CENTRO FUTBOL – NOVOSTYLO PELUQUEROS
20:00 h. HUSSE-BARBARROJA – O ESTEO F.S. “B”
DESCANSA COLORMIX

Nova cortesía de Moisés Fernández

También podría gustarte
Comentarios