Nota de prensa BNG: Pero … que convenio negociaron?

Voceiro do mes de decembro do BNG pontés

359

Despois de gobernar 10 anos nas Pontes, o PSOE asinou un convenio con Endesa que foi o único que non supuxo ingresos económicos para o Concello; os 8 anteriores, negociados por outras forzas políticas, sumaron máis de 30 millóns de euros en efectivo. Para vestir este despropósito, sen pudor, tivemos que escoitar á alcaldesa (en funcións) dicir que As Pontes ingresaba uns 75 millóns de euros en activos (edificios en desuso, o canle IV, etc.), algo que non cree nin quen asou a manteiga; de ser minimamente certo, xa poderían vender algún deses “activos” e así rebaixar os impostos. Pero quen vai comprar un túnel por máis de 15 millóns de euros? (ese foi o prezo no que o valoraron).

Rotopala

No Convenio con Endesa, na cláusula cuarta figura este texto: “a cesión gratuíta de útiles, máquinas e documentos para realizar exposicións, así como para formar parte de museos municipais”, o prazo para solicitar esa cesión era ata o 31 de decembro de 2016; por que non se exerceu esta cláusula para pedir a rotopala?, por que agora o Concello vai pagar 251.030 euros (uns 25 euros por cada veciño/a de As Pontes)?.
IMPRESO SEN ENDEREZO POSTAL

Residencia Xeriátrica

Agora resulta que o Concello non ten feito a Residencia porque está a mirar a posibilidade de comprar o antigo Hospitalillo de Endesa; e por que non o negociaron no convenio?; non é prioritaria a Residencia?.

Impostos e taxas a Endesa

En todo este tempo, e sen que figurase no convenio, Endesa estivo realizando múltiples obras (derrube escombreira nos Airíos, revisión Grupos, etc.) e algunha venta (terreos cooperativa), sen que conste no Concello que se pagasen os impostos e taxas que, en total, poderían superar o millón de

También podría gustarte
Comentarios