O ESTEO FUTBOL SALA

O equipo pontés afronta os cuartos de final da Copa de Galicia

181

O Esteo pontés de fútbol sala afronta este sábado os cuartos de final da Copa de Galicia. Visita ó Sport Sala Culleredo, da Terceira División. Equipo nada doado, pois é o quinto clasificado da categoría, e ademáis o máximo goleador, 75, cinco por riba do segundo.

Ambos conxuntos teñen o aliciente, non só de pasar a semifinais, senón que de gañar probablemente compartirían cartel cos tres mellores equipos galegos, Santiago Futsal e O Parrulo, de Primeira, e Burela, en postos de fase de ascenso en Segunda.

COPA DE GALICIA
SPORT SALA CULLEREDO FS-O ESTEO FS
Sábado 13 – Xaneiro – 2018 (17:30)
Tarrio

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios