Liga Local de Futbol Sala

Na tarde do vindeiro Domingo día 14 de Xaneiro terá lugar a disputa dunha nova xornada da Liga Local de Futbol Sala.

193

Unha xornada que comezará ás catro da tarde co enfrontamento entre UB2 Group-Pub Plaza e o Colormix, un encontro no que estes últimos non deberían ter maiores problemas para conseguir unha vitoria que o podería situar de novo como líder da clasificación dependendo do que ocorra no derradeiro encontro da xornada, no que as oito do seran se enfrontaran o NovoStylo Peluqueros e A Cova dos Trasnos nun duelo no que non ai un claro favorito para conseguir a vitoria xa que ambos conxuntos practican un futbol sala similar pero onde quizais o xogo mais vertical de cara ao gol dos de A Cova sexa a diferenza clave entre ámbolos dous conxuntos. O encontro promete ser moi igualado ata o final.

No resto da xornada, as cinco da tarde o colista Matojoma NG UB2 F.S. enfrontarase ao Ribadeume F.S. nun encontro onde estes últimos parten como claros favoritos ao triunfo final visto a traxectoria de ambos conxuntos no que vai de campeonato.

Ás seis Os Tritós-Desguaces Vilabella, despois da derrota da pasada xornada pola mínima ante o Colormix que cortou a súa racha positiva de catro vitorias consecutivas, tentará voltar á boa senda de resultados fronte o sempre duro e peleón Husse-Barbarroja.

E a continuación ás sete da tarde O Esteo F.S. “B” e o Andaina-Centro Futbol buscaran a vitoria que lles permita adiantar na clasificación ao seu rival neste encontro xa que os dous equipos están empatados a 12 puntos condición que comparten con outros dous conxuntos polo que a vitoria de calquera dos dous equipos fará que ascendan algún posto na clasificación.

A continuación deixamosvos cós horarios dos emparellamentos desta Xornada nº 9 na Liga Local de F.S

Ás 16:00 h. UB2 GROUP-PUB PLAZA – COLORMIX
Ás 17:00 h. MATOJOMA NG UB2 F.S. – RIBADEUME FUTSAL
Ás 18:00 h. OS TRITÓS-DESGUACES VILABELLA – HUSSE-BARBARROJA
Ás 19:00 h. O ESTEO F.S. “B” – ANDAINA-CENTRO FUTBOL
Ás 20:00 h. NOVOSTYLO PELUQUEROS – A COVA DOS TRASNOS
DESCANSA PUB MANÍA – LAS TORRES

Nova cortesía de Moises Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios