FALECE FRANCISCO FERREIRO BRA

Fora mítico porteiro do Calvo Sotelo durante once temporadas

1.093

No día de hoxe faleceu Francisco Ferreiro Bra. Natural de Pontoibo, onde naceu en 1944, Bra, como era coñecido no mundo futbolístico, foi un mítico porteiro do por entón chamado Calvo Sotelo.

Xogou once tempadas no equipo pontés (1965-76), sendo un dos futbolistas con máis campañas no clube da localidade, xunto a Celso Roca, Manolo Vilaboy, Antonio Calpita, Fernández, Alfonsito, Jose Luis Fontao, Suso Paz e Marcos Bouza. Só xogaron máis tempadas Antonio “Rebolo” e Marco Roca (12), Chote (13) e Javi Salido (15).

Bra era un gardameta que destacaba pola súa axilidade e reflexos. Gañou tres trofeos ó porteiro menos batido (nunha tempada chegou a encaixar un só gol), e dous trofeos á regularidade, sendo elixido tamén mellor porteiro da categoría nunha ocasión.

Comezara xogando no Calvo Sotelo Xuvenil, e tamén o fixo no Oza coruñés e durante o servizo militar no Melilla, , regresando despois ó equipo da súa localidade natal onde se retirou en 1976 tras dezasete anos nos campos de fútbol (DEP).

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios